martes, 29 de enero de 2013

SEGUIMOS COA PAZ.

Agora os xogos veñen desde UNICEF.Como? Que non sabedes o que é a UNICEF?
Tranquilos,vos ide xogando que xa faremos unha investigación sobre o tema.

lunes, 28 de enero de 2013

DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA.

Como xa sabedes este mércores,30 de Xaneiro, celebraremos o Dia Escolar da Paz.Estades traballando a reo con todos os profes sobre este tema(comigo  algo tamén) pero eu  quero deixarvos algún xoguiño para que pasedes un bo rato e tamén para que reflexionedes algo sobre o tema.
Pensade que a paz depende ,en gran medida, do ben que nos sintamos con nós mesmos; que se entendemos ao outro e nos poñemos no seu lugar,probablemente non sexamos capaces de facerlle mal e que  o respecto  a tolerancia  están na base dunha convivencia  pacífica.
Por último sinalar que debemos "practicar a paz" todos os días do ano.
Premede para xogar.

viernes, 25 de enero de 2013

DISTINGUUNTUR VISITANS (INSIGNE VISITA).

Hoxe tivemos a sorte de contar coa presenza dun veciño ilustre de Forcarei, Francisco Rozados"Rochi", que veu a presentarnos a súa nova revista "Metacios". Digna herdeira da súa predecesora,"Cotaredo",esta nova publicación segue contando coa coordinación de Rochi e a colaboración del mesmo e de persoeiros  de renome dentro do mundo político e cultural.
Cabe destacar  a ilusión e gañas deste grupo participante  por deixar constancia dos feitos culturais e históricos dun pobo que ten moito que agradecerlles, sobre todo ao facelo de maneira altruísta.
Así , desde a clase de 3º, queremos agradecerche, Rochi, a túa visita e o teu traballo desinteresado a prol do coñecemento e a cultura de onde naciches.
Actividade impulsada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

martes, 22 de enero de 2013

OS ANIMAIS(III).

Agora algo un pouquiño máis complicado. Atrevédesvos?
Preme na imaxe para xogar.

OS ANIMAIS(II).


Empezaremos cunha clasificación sinxeliña, vale?
Veña, a que estades esperando. Demostrádeme o que sabedes!!!
Preme na imaxe.

OS ANIMAIS.

Hoxe apareceu o día explendidamente nevado  e as clases suspendéronse.Espero que esteades xogando coa neve  e facendo bonecos preciosos. Cando volvades á casa , no quentiño do fogar, se cadra apetécevos xogar un pouquiño; non eh?
Primeiro un pequeno e claro resumo da clasificación de animais que atopei no blogue :
http/aventurasdeprimaria.blogspot.com/


                Clasificación de animales from Isabelbis

domingo, 20 de enero de 2013

O APARATO LOCOMOTOR.


Seguimos recordando o feito no trimestre pasado.Aquí un exemplo sobre o aparato locomotor.
Aproveitade para repasar!!!

lunes, 14 de enero de 2013

OS SENTIDOS.

Recordades que no 1º Trimestre traballamos os sentidos? Aquí vos deixo un recordatorio dalgunha das cousiñas que fixemos.


domingo, 6 de enero de 2013

FELIZ DÍA DE REIS.

Fai unhas semanas coñecín, pola profe Vane, a última curta de Pixar. Titúlase " A lúa" e merece a pena velo.
Disfrutádeo, en familia, nesta marabillosa tarde de Reis!!!

O APALPADOR(III).

Como pequeno agasallo de Reis inclúovos dúas cantigas sobre o noso amigo do Courel. A bailar!!!
Preciosa  cantiga do grupo Malvela cun vídeo  feito con ilustracións do conto "O Apalpador" de Xoán G.
Outra simpática cantiga con música orixinal de Javier Prado Espiñeira e letra  de Cristina Corral Soilán.

sábado, 5 de enero de 2013

O APALPADOR(II).

Xa sabedes que intento cumprir o que prometo e neste caso falamos duns xogos sobre o noso amigo o Apalpador.

 Este é o LIM que fixeron no CEIP Outeiro das Penas.Preme na imaxe para xogar.

Este LIM xa o coñecedes de clase.É o feito no CRA Raíña Aragonta e inclúe tamén o conto. Premede na imaxe.

jueves, 3 de enero de 2013

A FADA PERELLA.

Como é de  ben nacidos ser agradecidos, queremos darlle as grazas á Fada Perella, que nos visitou o último día de clase e nos agasallou cunhas chuches moi doces.
Grazas Fada e....moitas veces!!!



miércoles, 2 de enero de 2013

O APALPADOR.

Quero empezar o ano cumprindo unha promesa feita no ano anterior.Como vos gustou moito a historia que vimos do Apalpador de Xoán G., deixovola aquí para que a disfrutedes.En breve,algún xogo relacionado.

martes, 1 de enero de 2013

GLORIA FUERTES(III).

O noso novo proxecto  ve a luz.Como nos gusta moito a poesía decidimos lanzarnos á creación poética e, por parellas, fixemos unha pequena obra que titulamos "Los Reyes adoran al Niño". Foi traballoso e divertido; fixémolo con moito cariño para este Nadal.



Preme na imaxe