viernes, 29 de marzo de 2013

lunes, 25 de marzo de 2013

REPASAMOS AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR.

Que tal van as vacacións? Seguro que estupendamente, ainda que o tempo non está axudando moito.Por se acaso algún está aburrido/a e quere repasar as táboas de multiplicar aquí vos deixo un xogo interesante.

jueves, 21 de marzo de 2013

DÍA DA POESÍA.

Hoxe ,21 de Marzo,celebramos no cole o día da Poesía. Xuntámonos todos na biblioteca e recitamos preciosos poemas con diferentes temáticas: os oficios,a natureza,os animais...E entre recitado e recitado otorgáronse os premios aos participantes nas actividades propostas por Biblo.Para finalizar recibimos un agasallo especial: unha doce piruleta que puxo un punto e final moi azucrado.
A  nosa contribución á festa foi esta produción propia dunha poesía sobre a primavera que ilustramos con  diferentes creracións con materiais diversos. Esta montaxe enviámola ao  Proyecto Colaborativo  Libro Virtual Gloria Fuertes ao apartado Primavera de los poetas.
Agardamos que vos guste.


domingo, 17 de marzo de 2013

A FADA PERELLA(III).

OOOOOOOOlaaaaaaaaaaaa rapaces e rapazas!!!!
Por fin chegou o momento de explicarvos como conseguir outros 5 marabillosos puntiños.
Seguide as instrucións ao pe da letra:
. Vede o vídeo  titulado "A orixe da agricultura" as veces que o necesitedes.(Está xa publicado. Podedes buscalo premendo en entradas antigas ou buscalo  na  nube de etiquetas . Como que non sabedes cal é a nube de etiquetas? Tédela á dereita no blogue, debaixo do tradutor. Se premedes en Fada Perella aparecen todas as entradas nas que estou eu).
.Contestade ás preguntas do cuestionario que aparece debaixo. (Marcade a opción correcta de cada tres respostas).
Pulsade, ao finalizar o test, o botón "See how you did"(Ver como o fixeche).(Así saberedes o resultado que obtivestes, se acertastes todo ou tivestes algún falliño).
. Cubride os campos que aparecen  debaixo:
               My Name:(poñede o voso nome)
               Teacher Code: escribide Anabel4
. Por último,  pulsade o botón  "Send"  (Enviar) e os vosos  resultados chegaranlle á profe Anabel.
Quedou claro? Espero que si.
Tendes ata luns,25 de marzo,para facer o traballo e recordade que na biblioteca do cole hai dous ordenadores para usar. Non tendes excusa; a traballar!!!

sábado, 16 de marzo de 2013

DEPORTE ESCOLAR(II).

Esta vez tocounos ir competir cos nenos e nenas do cole de Soutelo de Montes. Así que , o venres 8, alá nos fomos ao seu pavillón e enfrontámonos a eles xogando ao fútbol,baloncesto e balonmán.Gañamos ao primeiro, empatamos ao segundo e perdemos ao terceiro. Sacamos en conclusión que somos todos igual de bos e que foi moi divertido xogar con nenos e nenas doutro cole.
 





viernes, 15 de marzo de 2013

PRENSA DIARIA.

Como xa sabedes ,do día 11 ao 15 celebramos a Semana da Prensa na Escola. Esta conmemoración, impulsada por La Voz de Galicia, foi  incorporada pola Consellería de Educación ao calendario escolar galego e este ano chega a súa 25ª edición.
Este ano entramos no programa "Prensa -escuela" de La voz de Galicia e estamos traballando co xornal unha vez por semana.Pero a prensa é diaria, porque o mundo móvese, e todos os días pasan cousas. Por todo iso deixovos este espazo que vos manterá informados diariamente.
(Colocarei a foto nun lateral para que a vexades ben e poidades acceder sen problemas).

jueves, 14 de marzo de 2013

MISIVAS NOSTÁLXICAS.

Na semana pasada tivemos unha moi grata sorpresa.O carteiro trouxonos dúas cartas que nos encheron de ilusión. Eran dos  nosos compañeiros, Nel e Rosi, que agora están noutro cole de Pontevedra.Ainda que non perdemos contacto con eles botámolos moito de menos: as súas ocorrencias, a súas gañas de traballar, os bailes de Rosi, os pases de Nel,os seus sorrisos...Emocionáronnos moito!!!
Grazas amigos por lembrarvos de nós; o recordo é mutuo.

LAMBONADAS POR UN TUBO.

Que sorte ter unha avoa que lle gustan os doces!
Que sorte ter unha avoa  que sabe facer doces!
  Pero a maior sorte de todas é ter unha avoa gran reposteira,con ánimo de facer cousas polos demais e que adopta á clase de 3º como súa para mimala deste xeito.

GRAZAS, avoa Isa, a ti e as túas axudantes, por adozarnos tan marabillosamente un luns.

lunes, 11 de marzo de 2013

TARDE LABREGA.

O mércores 6 de marzo, na clase de 3º do CEIP Nosa Señora das Dores,vivimos una tarde moi especial. Non tivemos unha mestra ,coma todos os días , senón seis estupendas avoas que viñeron a contarnos como era a vida dos labregos fai anos. Isto  foi grazas a que no cole , o proxecto Documental Integrado que estamos levando a cabo é sobre os oficios tradicionais galego e, a clase de 3º, escollemos os labregos e labregas.Agradecémoslle as nosas avoas que deixasen as súas tarefas diarias para  facernos pasar unha divertida tarde chea de sabedoría,risas e....unha saborosa rosca!!!(Obsequio do cole para todos)


UN MILLÓN DE GRAZAS,AVOAS!!!
Tamén temos que agradecerlle ás reportiras gráficas ( ou dicharacheiras) a súa labor: Grazas Marta e Vane, para a próxima estades invitadas.

domingo, 10 de marzo de 2013

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Ola ,chicos!!!Son eu, a fada Perella.
Sabedes que día celebramos o 8 de marzo? Efectivamente, o  Dia Internacional da Muller. Xa sei que foi o venres pero como xa me coñecedes, sodes sabedores de que non son moi partidaria dun día sinalado no calendario: Día da Muller, do Neno,da Paz, da Auga, dos Avós, das Enfermidades Raras.... Todas estas celebracións para min son diarias.Necesitamos ser conscientes todos os días das nosas vidas das cousas importantes que nos rodean.Dito esto, non temos por que non celebrar  determinadas cousas unha vez ao ano; ainda hai moitas cousas que cambiar.Todo iso está nas vosas mans porque vós sodes o futuro.
Bueno, que vos parece se para conmemoralo facemos algo e  gañades 5 puntos. Animádesvos???
Xa sei que temos pendente outros puntos  pero mentres remato o que estou preparando podemos xogar con esta data.
Teredes que contestar ás seguintes preguntas e entregarlle as contestacións á profe Anabel. Tedes de prazo ata o venres 15 de marzo. Non esquezades que a biblioteca pon á vosa disposición dous ordenadores no recreo e alí tamén podedes atopar a información.
Preguntas:
- Que conmemora o Día  Internacional da  Muller?(Busca antes no dicionario o significado de conmemorar)
-En que ano proclamou a Asemblea Xeral da ONU o Día Internacional da Muller Traballadora?
-Busca o significado da palabra sigla e pon ti un exemplo.(Recorda que neste blogue tes dicionario)
-Que significa a sigla ONU? En que ano foi fundada e onde?(Recordade que no blogue tedes buscadores, se poñedes ONU no Google Kids...ao mellor tedes sorte)
Bueno.......vale...., vouvos deixar un enlace para facilitarvos o traballo a ver se sodes capaces de facelo solos.A traballar!!!

viernes, 8 de marzo de 2013

8 DE MARZO.

Feliz Día Internacional da Muller!!!!

Célebres cantantes e músicos procedentes de todo o mundo, desde China a Costa Rica, desde Malí a Malasia, mulleres e homes,  reuníronse para divulgar unha mensaxe de unidade e solidaridade: somos “One Woman”, unha soa muller.
Esta canción, presentada hoxe, el 8 de marzo de 2013, é un clamor que inspira a quen a escoita, e que anima a promover os dereitos das mulleres e a igualdade de xénero. “One Woman” escribiuse  para ONU Mulleres, a organización internacional defensora das mulleres e nenas de todo o mundo, para recoñecer a súa visión e traballo a favor da mellora das vidas das mulleres en todo o mundo.
(Cita textual de ONU Mujeres)

jueves, 7 de marzo de 2013

FADA PERELLA(II).

Ola, amiguiños!!! Estades ansiosos,non si?
Pois hai que ter paciencia, que todo leva o seu tempo.
Vouvos deixar un Eslvideo sobre a orixe da agricultura para que lle botedes un ollo e na próxima conexión xa vos conto como gañar eses fantásticos 5 puntos.

Paciencia teredes que demostrar
se cinco puntos queredes obter;
traballo duro e constancia
deberedes desenvolver.

domingo, 3 de marzo de 2013

A FADA PERELLA ATACA DE NOVO.

Ola, chicos !!! Canto tempo sen ter noticias  miñas ; non si?
O certo é que estiven moi atarefada  levando maxia e ilusión polo mundo adiante pero xa tiña gañas de falar con vós.
Sei por un paxariño que  tendes montado en clase un xogo de puntos que da boas recompensas e tamén me enterei de que estades a voltas co proxecto dos labregos. Pois ben, pensei nun  xeito de xuntar as dúas cousas.  Que vos parece?
Permanecede atentos ao blogue e enterarédesvos de como conseguir os seguintes 5 puntos.

Se queredes amiguiños,
cinco puntos conseguir,
permanecede atentos;
habédesvos divertir.