martes, 30 de abril de 2013

LECTURA COMPARTIDA NA PRENSA.

O xornal La Voz de Galicia fíxose eco, o venres 26 de abril, da nosa visita á aula dos Picariños  para contarlles os nosos contos. Aí vos deixo a noticia.

lunes, 29 de abril de 2013

CREAMOS UN CONTO? (2ª PARTE)

Xa vos comentei que fixeramos un concurso de contos na aula; non é certo? Pois os finalistas tiveron a gran sorte de poder contarllos aos picariños de 5 anos. Na próxima entrega a sorpresa do gañador/a.

Se premedes sobre a imaxe iredes á entrada do blogue: http/ospicarosdevane.blogspot.com/
onde a profe Vane colgou as fotos da nosa visita.
 Grazas, profe Vane!!!

domingo, 28 de abril de 2013

SAÍDA A PONTEVEDRA.

O venres pasado fomos ata Pontevedra para ver a obra musical "Na percura do tesouro"a cargo de Gaiteiros Xistra. A cousa foi un pouco acelerada, pero iso non nos impediu gozar dunha  entretida obra  que defendía os valores e o noso patrimonio inmaterial; un gran tesouro por descubrir.
A parte, tivemos unha grata sorpresa coa que non contábamos; atopámonos cos nosos amigos,Nel e Rosi, que tamén asistían á obra cos seus compañeiros do novo cole. Tiven a sorte de coñecer a súa profe, Carmela, que me dixo que están aprendendo moitas cousas. Alegrámonos moitos e esperamos volver a vervos pronto.

sábado, 27 de abril de 2013

CHEGAN AS FLORES NO DÍA DO LIBRO.

Este ano , para a celebración do Día do Libro, Biblo, pediunos que elaborásemos una flor cun lema escrito no seu talo.A idea encantounos e este foi o resultado da nosa aula. Noutra entrada veremos o precioso xardín que agromou no noso cole.

viernes, 26 de abril de 2013

CANTACONTOS.

Onte pola tarde disfrutamos dun contacontos moi especial. Con motivo da celebración das actividades arredor do Día do Libro e partindo a iniciativa da Biblioteca Escolar, o profe Toño,  deleitounos cunha divertida sesión, na que combinou os contos e as cancións. Os nenos/as de 2º e 3º ciclo, xunto cos seus mestres, escoitamos e cantamos historias sobre o Pitiño Cucut, camaleóns, morcegos e moitos máis animaliños. Para rematar, un diploma e algo doce, para o artista.

jueves, 25 de abril de 2013

CREAMOS UN CONTO?

Como esta semana se conmemora o Día Internacional do Libro, os alumnos de 3º decicimos celebralo escribindo  un libro de contos. Cada un escribiu e ilustrou o seu.  Na" Hora de ler" deleitamos aos nosos compañeiros de aula coa lectura destas historias e ata fixemos un  concurso.
Queredes saber como foi? Estade pendentes  das próximas entradas. Para ir abrindo boca  aí vos deixo os contos participantes.
                             

martes, 23 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO.

Hoxe ,23 de abril, celebramos o Día Internacional do Libro. É una conmemoración celebrada a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio dos dereitos de autor.


FELIZ DÍA .QUE LEADES MOITO!!!

domingo, 21 de abril de 2013

A FADA PERELLA NON DESCANSA.

Ola chicos!!! Creo que case todos conseguistes os puntos da vez anterior. Queredes outra posibilidade para conseguir outros cinco? Pois veña; mans á obra.
Seguimos con datas do mes de abril.
1. Nesta semana celébrase algo importante o día 23.
     -Que se conmemora?
     -Por que se escolleu ese día?
     -Escolle un autor que che guste e busca a súa data e lugar de nacemento. Escribe tamén tres das súas obras.
2. O 25 de abril, estreouse a ópera "Turandot".
     -De que ano?
     -Quen é o seu autor?
     -En que teatro se estreou?
     -En que lugar?
     -Escribe tres obras máis deste xenial autor.
Bueno por esta vez creo que é suficiente. Entregádelle o traballo á profe a máis tardar o luns 29 de abril.
Hai uns puntiños en xogo, a por eles!!!
    


lunes, 15 de abril de 2013

PDI: OS LABREGOS.

Recibimos, o outro día, este precioso debuxo alusivo ao tema do noso proxecto. Queremos darlle as grazas á mamá de Iván pola súa contribución ao noso traballo.
Animádevos  a colaborar. Agardamos as vosas achegas!!!


domingo, 14 de abril de 2013

DEPORTE ESCOLAR(III).

Chegamos das vacacións e para perder os gramos que gañamos comendo rosca e ovos de Pascua,ímonos a terras de Cotobade a  facer un pouco de deporte.Esta vez os contrincantes eran os nenos e nenas do CEIP de Tenorio pero realmente non lle fixemos moito caso aos marcadores; dedicámonos a pásalo ben xogando.

sábado, 13 de abril de 2013

O RELEVO DE GALICIA.

Para  facer un repasiño das Serras galegas que aprendemos, quedan aquí estes dous mapas interactivos de Enrique Alonso.
 A ver que tal se vos da!!!

viernes, 12 de abril de 2013

PROXECTO GLORIA FUERTES.

O Proxecto Colaborativo Internacional libro Virtual Gloria Fuertes  acaba de recibir o distintivo Buenas Prácticas Iberoamericanas (mes de abril de 2013).
Felicidades a Lourdes Giraldo por coordinar este proxecto  no que estamos moi contentos de participar.
                       

miércoles, 10 de abril de 2013

PROVINCIAS GALEGAS.

Cantas provincias ten Galicia? Onde están situadas?
Para que repasedes estes conceptos xa aprendidos ,deixovos estes xeniais mapas interactivos creados por Enrique Alonso.
Xa me contaredes que tal vos foi!!!

domingo, 7 de abril de 2013

FADA PERELLA: CHAMANDO Á CLASE DE 3º.

Ola, chicas e chicos. Xa estou  aquí  para propoñervos outro reto.Queredes?
Como a profe anda liada co tema dos labregos voume encargar eu de formularvos as preguntas.Xogaremos por cinco puntos e falaremos de días sinalados do comezo do mes de abril. Aí van as preguntas:
1.Un 1 de abril naceu en Rusia, Segei Rachmaninov.
      -De que ano?
      -Cal era a súa profesión?
      -Escribe tres das súas obras.
      -En que data(completa) e lugar faleceu?
2.A torre Nacional de Canadá(Torre CN) rematou de contruirse un 2 de abril.
      -De que ano?
      -En que cidade canadiense está?
     -Canto mide?
3.Cando se celebra o Día Mundial da Educación?
4.Por que se conmemora, o día 2 de abril, o Día do Libro Infantil e Xuvenil?(Ten que ver coa data de nacemento dun escritor)
5.Que outra conmemoración facemos o 2 de abril?
       Resposta: Día Mundial de Concienciación sobre o....

Ben , para buscar a información tedes os buscadores infantís do blogue e a biblioteca escolar á vosa disposición (incluídos ordenadores).
Para respostar a cuestión 4 deixovos uns enlaces- pista:


Para a pregunta 5 podedes visitar estes blogues onde se trata o tema:
O prazo de entrega será o venres 19 de abril , que xa sei que tendes moito traballo.
Ánimo e a investigar!!!!





miércoles, 3 de abril de 2013

APEIROS DE LABRANZA.

Imos a facer un pequeno cambio na entrega  deste traballo. Deixaremos como data límite o luns, 8 de abril;parécevos? Así tendes un pouquiño máis de tempo e podedes  consultalo mellor.

lunes, 1 de abril de 2013

APEIROS DE LABRANZA.

Necesito axuda urxente para o noso traballo dos labregos.Podedes botarme unha man?
Teño unha presentación con fotos de diversos apeiros que utilizaban e utilizan os labregos pero non teño moi claro como se chaman e para que serven.Debedes de observar  cada foto cun adulto que vos poida axudar e escribir nun folio (numerando as fotografías) o nome do que vedes e para que serve(breve explicación).
Teredes que entregalo, como moi tarde, o venres 5 de abril .

Moitas grazas pola vosa colaboración.