jueves, 27 de febrero de 2014

COMPADRES E COMADRES

Este ano,celebramos novamente no cole,os xoves de compadres e comadres. Quero que vexades que preciosos bonecos fixeron todos e todas para tal evento.


miércoles, 26 de febrero de 2014

VOLVE ROSALÍA!!! (II)

Este é o recordo dun día marabilloso:
da Rosalía compartida,
do agarimo do verso,
dunha man amiga
que flota no universo.
GRAZAS .

martes, 25 de febrero de 2014

HORA DE LER.

Seguindo a estela da Biblioteca , na aula tamén quixemos  facer lecturas sobre a paz e o amor. O caso é que xuntamos algúns títulos interesantes e como escollemos o libro que trouxo Brais para ler aos compañeiros do cole (por ser o primeiro en chegar) , non era cuestión de desprezar o resto. Foi así como pensamos lelos en clase. Aquí vai algún exemplo.
Inés, deleitounos coa lectura de "Una promesa" de Carmen Pellicer Iborra. A historia  dunha amizade que  está por enriba de todo cambio.
Santi, fixo o propio cunha tenra historia , "Adiviña canto te quero" de Sam McBratney. Pode medirse o amor?

lunes, 24 de febrero de 2014

VOLVE ROSALÍA!!!

Como xa anunciabamos pola mañá, hoxe conmemoramos a data do nacemento de Rosalía de Castro. Queremos sumarnos á iniciativa da Asociación Galega de Escritoras e Escritores  que pretende instaurar este día como propio da autora para recitala, recordala e homenaxeala nun día especial que se traduza no gozo de vivila durante todo o ano. Porque queremos a Rosalía  libre e permanente, sincera e denunciante, de todos e para todos.
Esta é a nosa aportación á causa. Gozádea intensamente!!!
Grazas , Picariños, por ensinarnos e querernos tanto; grazas,  profe Vane, por este estupendo vídeo e todo aquilo que se queda na casa e grazas ,a aquel que asesora, pola paciencia e o ensino.

COMO A VIDA MESMA (III)

Hoxe traemos a nosa sección unha  adapatación dun conto popular realizada por Eloy Moreno. Este novo escritor,  que ven pegando forte, ofrécenos  a súa versión da historia.
Que vos guste "El cántaro roto"
Cliclade enriba para lelo.

ROSA, ROSAE.

Xa estamos a 24 de febreiro e tal día coma hoxe nacía, en Santiago de Compostela,  a nosa Rosalía. Ninguén podía imaxinar , por aquel entón, onde ía chegar , nin que tantos anos despois  a súa obra seguiría a ter vixencia. Así é ,que hoxe , queremos celebrar a sorte dunha existencia;queremos brindar por un agasallo literario ;queremos, en definitiva, festexarte , gran dama  do Rexurdimento.
Imaxe de Aurora Cascudo Román

Para ir abrindo boca uns recursos para poder traballar sobre ela.
Libros Lim  de Julia Pérez Vázquez.
Libro Lim da Caracolatola (Blogue  da biblioteca  do CEIP Alexandre Bóveda)
Páxina da Fundación e casa  museo Rosalía de Castro.
Rosalía na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.

sábado, 22 de febrero de 2014

RECURSOS DE ENTROIDO


Como o Entroido amaeza con alcanzarnos, máis nos vale estar preparados para recibilo.Así que vos deixo  uns recursos atopados na rede que xenerosamente se comparten para que todos os poidamos utilizar.
A sacarlle partido!!!
                         

viernes, 21 de febrero de 2014

NOVA COLABORACIÓN

 O ano pasado colaboramos no Proxecto  Libro  Virtual sobre Goria Fuertes (Premio Nacional de Educación aos Equipos Docentes, na modalidade de proxectos de Colaboración Nacional no Ámbito das TIC) e neste curso tamén quixemos participar nunha nova aventura, capitaneada,  outra vez, por Lourdes Giraldo. Baixo o nome de  "Proyecto CI Libros del s. XXI para Infantil y Primaria" pretendemos crear os nosos propios libros virtuais con contidos educativos que axuden ao noso  alumnado a adquirir as Competencias Básicas.

 A ver que vos parece!
Aquí tendes o enlace ao proxecto . ( Premede  nas imaxes)
Estamos no  Libro de 4 º cunha actividade sobre a acentuación.


Colaboramos tamén no Libro da Paz co Eslvídeo sobre Nelson Mandela.


lunes, 17 de febrero de 2014

COMO A VIDA MESMA (II)

Seguimos a nosa andaina co recuncho do pensamento. Como o día 15 foi o Día Internacional  da Loita contra o Cáncer Infantil quero presentarvos un conto titulado "En busca del tesoro de Nacho". No blogue: CATACRICATACRAC de Carmen Parets tendes toda a información sobre o mesmo e a súa creación.
Espero que vos guste e que saquedes ensinanzas importantes.

domingo, 16 de febrero de 2014

S: VALENTÍN (II)

Este foi o resultado  de intentar expresar en palabras o que é o amor a nós. O mellor de todo é que está feito por nós mesmos: escollemos o fondo, as letras, as cores, a colocación  das fotos.....
Esperamos que vos guste. Fixémolo con moito AMOR!!!
Escribídenos a vosa frase nun comentario nesta entrada ou enviádenola ao noso correo clasedeanabel@hotmail.com ata o 28 de febreiro. Intentaremos poñelas moi chulas e publicalas para que poidades velas e descargalas. 
Animádevos, estámolas esperando!!!
(Se nos mandades unha foto por correo poñémola, senón buscaremos imaxes da Internet)

viernes, 14 de febrero de 2014

S. VALENTÍN.

Hai  textos que non perden vixencia, que poden adaptarse a toda relación e, sentimentos,  que non pasan nunca.
Feliz S. Valentín!!!

jueves, 13 de febrero de 2014

MÁIS PUNTOS!!!

Xa está aquí unha nova remesa de puntiños. Esta vez están sacados do libro de Lengua Castellana da Editorial Anaya e de datas sinaladas neste mes de febreiro. Imos alá:
1.Persoeiro: Mary Kingsley.
   -Nacionalidade, data de nacemento e de falecemento.
   -Título dalgún libro de viaxes escrito por ela.
   -Unha frase que resuma a súa opinión sobre os nativos.

2. Hoxe (13 de febreiro) é o Día Mundial da ................ (completar)
   -Esta conmemoración ten pouco tempo, cando se estableceu?
   -Por que se escolleu este día?
   -Que significa Unesco? De que organismo depende?

3. O 20 de febreiro é o Día Mundial da.......(completar)                                      
   -En que ano se proclamou este día pola Asemblea das Nacións Unidas?                    
   -Que significa o termo que se conmemora?
   -Como podemos promovela?
   -Pon dous exemplos prácticos do que acabas de explicar.

Xogamos por 5 puntos e a data de entrega será o venres 21 de febreiro.
Veña , que estades feitos uns expertos!!!

miércoles, 12 de febrero de 2014

SEGUIMOS MEDRANDO


Xa vedes como medran os nosos bulbos, o da terra e o da auga. Se queredes comparar  a diferenza, buscade a entrada "Agasallo" e poderedes comprobar a evolución dos mesmos.

martes, 11 de febrero de 2014

LECTURAS DA PAZ E O AMOR.


Este ano a Biblioteca Escolar propúxonos uns ciclos de lecturas temáticas e nestas  dúas semanas tocounos buscar lecturas sobre a Paz e o Amor. Os alumnos/as de 4º escollemos un texto do libro que trouxo Brais "Los valores de los pequeños" (Ed. CLASA)  que versa sobre o amor. Fixemos unha pequena adaptación  e traducímolo ao galego. O resultado está colgado no blogue da Biblioteca, maquetado pola teacher María. Premede na imaxe para velo.
 Thanks, teacher!!!

lunes, 10 de febrero de 2014

COMO A VIDA MESMA

Hoxe inauguramos unha nova sección no noso blogue: Como a vida mesma. Este espazo pretende ser unha ventá aberta ao cotián e a reflexión sobre todo o que nos rodea e sobre como actuamos ao respecto.Aquí terán cabida o humor, os vídeos,as frases célebres... e moitas cousiñas máis que nos irán dando pé a pensar.Porque os coñecementos son importantes, as experiencias son vitais pero aprender a pensar é absolutemente necesario para chegar a onde queremos de maneira feliz e lícita.
Gustaríame comezar cun sorriso da man de Andrés Faro; un xenial humorista que diariamente lle pon unha pincelada de humor a este mundo un tanto gris.
Que o gocedes!!!
(A sección quedará ubicada na parte superior dereita do blogue. Permanecede atentos ao que sucede)

domingo, 9 de febrero de 2014

NAVEGANDO CON RUMBO


A verdade é que o tempo non acompañaba moito pero para aprender, con estar ao enxoito, é suficiente.Así foi como o xoves pola tarde recibimos unha charla sobre os perigos da Internet.Porque non todo é peixe na rede debemos ter coidado. Aquí vos deixo o enlace á páxina da Xunta  por se queredes descargar as guías de navegación para pais, alumnos e mestres.
A información nunca está de máis.

viernes, 7 de febrero de 2014

FABULANDO

Lembrades a entrada onde falabamos de como facer unha fábula? Despois dun arduo traballo e algunha corrección, este é o resultado.
Que o gocedes!!!

jueves, 6 de febrero de 2014

MÁIS RERCURSOS DO ESPAZO.

Grazas a nosa amiga Ana Martínez, do blogue
 http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/ ofrézovos estes recursos sobre o espazo que ela recopilara para un proxecto que fixo cos seus nenos/as.
 Espero que vos gusten.
Interesantes fascículos sobre astronomía  para ver e descargar do Centro de Investigaciones de Astronomía (CIDA)
Ana creou un brincaletras ben chulo. Probade sorte!!!

GRACIÑAS ANA!!!

martes, 4 de febrero de 2014

ESPERANZA ROSA


Hoxe é o Día Mundial da Loita contra o Cáncer e non é unha data escolar a conmemorar. Pero se pensamos que a escola é un reflexo da sociedade na que vivimos e que  debemos ser sensibles cara o que nos rodea, este é un tema imoportante. Todos coñecemos a alguén que  tivo a enfermidade ou que está loitando contra ela. Para que non perdan o ánimo e  manteñan as ganas de vivir ofrecémoslles esta canción de Macaco.Un precioso vídeo realizado polos "habitantes" da planta de Oncoloxía do Hospital Sant Joan de Déu.
Porque sí se pode;
porque sí debemos;
porque sorrindo é máis fácil
SEGUIREMOS!!!

domingo, 2 de febrero de 2014

CELEBRACIÓN DA PAZ


Aquí podesdes ver un resumo en fotos do que foi a nosa xornada de celebración do Día da Paz. Fixémolo o venres porque o xoves non estaban os nenos/as de 3º. De todos os xeitos, calquera día é bo para celebrar. Aparece o Abecedario da Paz, creado polos Equipos da Biblioteca e  Dinamización da Lingua; un traballo chegado desde a clase de PT, pombas que fixo a profe Puri en Relixión, bicos encarnados que nos deron os nenos/as da profe Vane e unha canción en Inglés que interpretaron os de 4º coa teacher María.Pero tamén houbo un conto dos de 3º  e o profe Toño, os de 4/5 anos recitando poesía.... En fin, que todos puxemos o noso gran de area e ao final cantamos  xuntos unha preciosa canción "Que vivan a paz a e o amor".
No blogue da nosa biblioteca http://bibloenforcarei.blogspot.com.es/ podedes atopar un vídeo moi bonito sobre o abecedario da Paz que fixemos entre todos.
No blogue de Normalización Lingüística http://arxineando.wordpress.com/ atopamos Un resumo ben interesante sobre a nos axornada de celebración da Paz.

sábado, 1 de febrero de 2014

CHAMANDO Á TERRA.

Como estamos estudando o espazo aquí vos deixo uns xogos sobre o mesmo. O primeiro ,de Discovery Kids, é un pouco infantil, pero está ben para colocar os planetas e ir aprendendo os seus nomes. O segundo, da páxina de la Junta de Castilla y León, ten máis información e actividades. Espero que lle saquedes proveito!!!