lunes, 31 de marzo de 2014

COMO A VIDA MESMA (VIII).

Tal día coma hoxe (31 de marzo) pero do ano 1914, viña ao mundo na Cidade de México o escritor, poeta e Premio Nobel de Literatura(1990),Octavio Paz.Este autor está considerado un dos máis importantes da fala hispana e un dos poetas máis influíntes do século XX.
Na nosa sección queremos renderlle homenaxe,no centenario do seu nacemento, compartindo un dos seus poemas :"Niña".
Podedes comentar na entrada o que vos suxire a poesía. Para a reflexión deixovos unha frase do autor:
" Cada poema é único.En cada obra late, con maior ou menor grao, toda a poesía. Cada lector busca algo no poema e, non é insólito que o atope: xa o levaba dentro."

viernes, 28 de marzo de 2014

HORA DE LER (III)

Mario e Sofía agasalláronos na "Hora de ler" cunhas  fábulas do conto"Una fábula para cada día" de Ediciones Susaeta. O libro é de Santi pero como el xa lera, cedeullo  gustosamente aos seus compañeiros.

A de Sofía titulábase "Los buenos amigos" e ensalzaba a amizade e a de Mario levaba por título "El egoísta" e falaba dun hipopótamo que non pensaba nos demais.

jueves, 27 de marzo de 2014

A VIDA É PURO TEATRO.

Imaxe extraída de http://historiadenuestroperuydelmundo.blogspot.com.es/

Desde o ano 1962  celebramos, a nivel mundial,  o  Día do Teatro (27 de marzo).
En 1948 creouse o Instituto Internaciomnal do Teatro(ITI) grazas a personalidades do mundo teatral e a UNESCO.
Nunha reunión anual deste Instituto, en 1961, o seu presidente Arvi Kivimaa propuxo que fora creado un Día mundial do Teatro. Foi así  como se elexiu a data mencionada no ano 1962 coincidindo coa apertura de tempada e inauguración do Teatro das Nacións de París. Desde entón,  cada 27 de marzo, nos teatros do mundo se programan actos e se le o manifesto  que cada ano redacta unha figura do gremio. Este ano tocoulle a Brett Bayley, dramaturgo sudafricano. Os representantes españois foron: Antonio Gala, escritor, en 1987 e Federico Mayor , ex director da Unesco, en 1991.
Imaxe extraída de htttp://kh7.es//

Con esta preciosa frase  de Federico García Lorca  invoco ás Musas, Thalía e Melpómene, para que nos guíen  entre a comedia e traxedia vital que nos toque vivir, para  que nos presten as súas máscaras se fose menester e nos asistan regalándonos feiticeiras obras teatrais que enchan o noso lecer.
VIVA O TEATRO!!!

Se premes soobre a imaxe accederás a unha escolma de teatro infantil e xuvenil.

miércoles, 26 de marzo de 2014

ENTREVÍSTOTE?

Hai uns días falamos da Semana da Prensa e das actividades que fomos realizando  para tal celebración (aínda están sen subir pero todo  se andará).Tamén comentamos que íamos a converternos en ávidos entrevistadores e na tarefa estamos. Aquí vos deixo unha pequena guía (do que xa falamos en clase) para axudarvos a preparar a vosa entrevista.
Por se é do interese dalguén colgo o cuestionario que uilizamos para axudarnos a elexir a persoa que queremos entrevistar.

lunes, 24 de marzo de 2014

COMO A VIDA MESMA(VII)

Hoxe , en "Como a vida mesma", volvemos a tirar dun texto que chegou á aula da man de Santi, enviado pola súa nai , Lola. Resulta moi interesante para a lectura e reflexión porque ás veces deixámonos levar polo que nos contan e queremos transmitilo sen pensar nas consecuencias ou en se realmente é útil. 
Grazas Lola, por colaborar con nós. Calquera que queira facernos chegar "cousiñas" interesantes para a sección serán benvidas.

domingo, 23 de marzo de 2014

ORQUESTRANDO VERSOS

O prometido é débeda!
Aquí está o vídeo que resume a nosa actuación para os Picariños de 3 anos no Día Mundial da Poesía. Interpretámoslles este fermoso poema de Antonio García Teijeiro, titulado "La orquesta", que atopamos no noso libro de Lengua Castellana.En un principio, pensamos en aprendelo de maneira voluntaria pero ao final decidimos intentalo todos/as. Quen dixo medo? A poesía está xenial pero ten a súa complicación. Creo que o resultado foi un estupendo lío orquestral. Podedes opinar.
Queremos darlle as grazas á profe Vane (aínda que se enfade) por realizar este vídeo tan xeitoso,aos Picariños por escoitarnos e recitarnos e tamén ás familias por axudarnos a  chegar ata aquí.
Como os Picariños tamén nos agasallaron co seu bo facer, se temos ocasión, ofrecerémosvos a actuación.

sábado, 22 de marzo de 2014

O ENTROIDO CRONICADO

Aquí vos deixo, non é sen tempo, as redaccións  que sobre o Entroido fixemos.Botar a vista atrás, as veces non está mal. Divertídevos coas nosas andainas e troulas; ainda que .... non todo foi festa. Lede, lede!!!

viernes, 21 de marzo de 2014

RECITADO,RECITANDO; A GLORIA FUERTES,GOZANDO(III)

E hoxe, Día Mundial da Poesía, recibimos a terceira entrega das lecturas de 3º. Foi bonito lembrar o Proxecto colaborativo no que o pasado ano participamos, loando a Gloria Fuertes, e vernos un pouco máis pequenos. É certo que medramos  e melloramos nalgunhas cousas pero seguimos tendo algo intacto: A ILUSIÓN!!!
Por iso seguimos  traballando, aprendendo e gozando.
Celebramos o día de hoxe dunha maneira especial. Contarémolo noutra entrega porque o vídeo está  no taller de maquetación da profe Vane e non queremos  atosigala que ten máis cousas que facer.

miércoles, 19 de marzo de 2014

RECITADO,RECITANDO; A GLORIA FUERTES,GOZANDO(II)

Xa dixemos que poñeriamos máis vídeos relativos ás lecturas que en 3º fixemos sobre Gloria Fuertes.Como a profe Vane xa nos maquetou outro vídeo, aí volo deixo. Espero que vos guste moito.

FELIZ DÍA, PAPIS!!!

Para todos os pais e avós do mundo, FELIZ DÍA!!!
Se es un chico e os teus fillos te sacan das túas casiñas, che quitan o sono aínda que sexan maiores, te fan plantexarte moitas cousas e ao tempo, che arrincan un sorriso sen vir a conto,te abrazan moi forte cando teñen medo e cambian  a cor gris da túa vida por un arco da vella coas súas miradas....  Noraboa, este é o teu día!!!!
Permitídeme un agasallo especial para o meu papá querido: UN MILLÓN DE BICOS DE CORES!!!
Doces e salgados, alegres e emotivos, inxenuos e sabedores, igual que os mordisquiños,eh,papá?
PARA TI, O MELLOR PAPÁ DO MUNDO!!!
(Os mellores agasallos non son materiais)

martes, 18 de marzo de 2014

RECITADO,RECITANDO; A GLORIA FUERTES,GOZANDO.

Esta semana preséntase como unha das máis poéticas do ano. Sabedes por que?
O vindeiro venres celebraremos o Día da Poesía, escollido pola UNESCO "para reflexionar sobre o poder da  linguaxe poética e o florecemento das capacidades ceadoras de cada persoa".
Pois para celebralo imos sacar do baúl dos recordos unhas gravacións realizadas no curso pasado sobre os poemas de Gloria Fuertes que máis vos gustaran. Lembrádesvos de cales eran?
Isto pode servirvos de recordatorio.
Ofrecemos  unha parte , haberá máis!!!
Grazas á profe Vane por maquetarnos o  traballo  se non....non quedaría tan vistoso!!!!

lunes, 17 de marzo de 2014

COMO A VIDA MESMA (VI)

Navegando pola rede ,atopei este vídeo, que penso ten cabida na nosa sección semanal.Creo que estaría ben que o puidésedes ver cos vosos papás e mamás para así comentar entre vós que opinades, que ensina o vídeo, se podedes facer algo ao respecto.....
Non sei se a vida é xusta ou inxusta, pero as veces é dura e, dado que non podemos aprender a costa doutros, unhas nocións  de determinadas cousiñas non nos veñen nada mal.

domingo, 16 de marzo de 2014

SEMANA DA PRENSA

Este ano para celebrar a Semana da Prensa decicimos convertirnos en entrevistadores/as.  Na pasada semana fomos preparándonos para exercer de reporteiros/as e estamos na procura de persoeiros de interese.
Ademais realizamos outras actividades,que tamén facemos semanalmente ao recibir "La voz de Galicia" por estar inscritos no programa "Prensa-Escuela".

Xa vos cotaremos máis polo miúdo as nosas andainas!!!

sábado, 15 de marzo de 2014

OUTRA DE PUNTOS.

Estiven pensando que esta vez o premio dos puntos vai chegar ao conseguir 20. Que vos parece?Para iso  quédanos unha nova entrega de 5 puntiños nada máis. Nesta ocasión estarán baseados no apartado do blogue "Como a vida mesma".


Arrancamos!!!

1. Inaugurou a sección un chiste
   -De quen?
   -A que se dedica e en que ano naceu esa persoa?
   -Nomea tres xornais ou revistas onde traballara.

2. A segunda convidada foi unha chica
   -Cal é o seu nome?
   -Como se chama o seu blogue?
   -Cal é o tesouro de Nacho?

3. Na terceira entrega...    

   -Quen é o autor invitado?
   -Cando e onde naceu?
  -Como se titulan as súas dúas únicas novelas para adultos?
4. No apartado cuarto aparece "Los clavos en la puerta".
   -Le a historia e escribe todas as ensinanzas  que podes obter do relato.

Creo que esta vez son faciliños, non si?  
Tedes de prazo de entrega ata o luns 24 de marzo.
 E despois......RECOMPENSA!!!

viernes, 14 de marzo de 2014

FRASES DE AMOR

Lembrades a entrada  de S.Valentín na que publicamos as  nosas frases sobre o amor e pediamos que nos mandádeses as vosas aportacións sobre o tema? Pois chegou o momento de ensinarvos  o resultado.
En primeiro lugar queremos darvos as grazas a todos os que quixestes colaborar con nós; fíxonos moita ilusión recibir as vosas ideas e percibir o voso interese. Todos temos moito que facer!!! Por iso GRAZAS!!!
Agora, aquí vai o traballo , que espermos que vos guste.
Nós fixémolo.....con moito AMOR!!!



jueves, 13 de marzo de 2014

SEGUIMOS MEDRANDO (II)

Observade como seguen a súa andaina vital a nosas plantas.As fotos son de finais de mes(as de arriba) e de quince días despois (as de abaixo). Vedes a diferenza?Menos mal que Paula Piñeiro lle trouxo unha variña para suxeitala,  senon...  xa estaría no chan.

miércoles, 12 de marzo de 2014

HORA DE LER (II)

Seguimos coas nosas lecturas de  amor e amizade. Nesta ocasión tocoulles o turno a Brais e Candela.
Brais leunos "El invierno del señor oso" de Concha López Narváez, un conto moi infantil que trata unha temática atemporal: o amor.
Candela optou por un título en galego "A nena a que non deixaban ser feliz" de Luz Beloso e Miguel Ángel Alonso Diz, un libro pensado para a reflexión.


martes, 11 de marzo de 2014

DEPORTE ESCOLAR(II)

Co bo tempo chegou outra nova xornada do Deporte Escolar. Nesta ocasión visitáronnos os nenos e nenas  do CEIP"A Reigosa" de Ponte Caldelas.Os resultados non pudeiron ser mellores para o segundo ciclo: perdemos en balonmán, empatamos en fútbol e vencemos no baloncesto. Ao final gañamos todos!!!
No axedrez, si que tivemos un pouco máis de sorte e Inés venceu a Borja  e Adán a Hugo; pero foron uns dignos adversarios.


Parabén para todos/as!!!

lunes, 10 de marzo de 2014

COMO A VIDA MESMA(V)

Nesta ocasión reflexionaremos sobre unha frase que atopei na rede atribuida a Aristóteles. Mentres ides pensando no seu significado intentarei argallar uns novos puntos arredor deste espazo.
Con calma , rapaces/as!!!

domingo, 9 de marzo de 2014

CARTA ENVIADA

Aquí vos deixo a carta que lles enviamos aos nosos amigos/as do cole Pérez Viondi. Mandámoslle unha foto nosa con pistas para que acerten  como nos chamamos. Eles xa o fixeron e divertímonos moito.
Esperamos que vos guste!!!


sábado, 8 de marzo de 2014

DÍA ESPECIAL

Imaxe do blogue Nutricampeones
Hoxe, Día Internacional da Muller, celebramos..... Que as mulleres somos diferentes?, Que somos traballadoras? Que necesitamos un día porque estamos en inferioridade de condicións con respecto aos homes?
Hoxe , 8 de marzo, imos celebrar que mulleres e homes, nenos e nenas, somos iguais e temos os mesmos dereitos e deberes  os 365 días do ano (e se é bisiesto esto cúmprese un día máis).
Así pois  deixovos un enlace ao blogue do Departamento de Orientación do CEIP "Condesa de Fenosa" con interesantes recursos para traballar a coeducación.
No blogue "Lluvia de ideas" de Maite Gan tamén atoparedes vídeos sobre o tema moi útiles.
Ana Martínez preséntanos un libro Lim  sinxelo e moi aproveitable.
No blogue  "Infantil Calvo Sotelo" atopei  a Super Lola, que aparece no Instituto Andadaluz de la Mujer.
Quen quere ser unha heroína?

jueves, 6 de marzo de 2014

NAVEGANDO CON RUMBO (II)

Xa sei que fai tempo que tivemos esta charla e que os nenos/as fixeron as súas crónicas pero... é todo culpa da mestra!!!! Non mo tomedes a mal; ás veces non damos chegado a todo!!!!

miércoles, 5 de marzo de 2014

REMATE DE ENTROIDO

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

Para finalizar este tempo de farra un resumo da nosa intensa semana. Ollade,ollade!!!

EPÍSTOLAS ESTRADENSES

A mediados de  mes tivemos unha doble alegría: recibimos carta dos nosos compis de 4º do CEIP Pérez Viondi.Na primeira contannos un montón de cousas que fixeron e léunola Martín. E na segunda, enviáronnos un agasallo que esqueceran incluir na primeira. De todo isto informounos Paula Campos.
Foi xenial!!!!

martes, 4 de marzo de 2014

LAMBONADAS DE ENTROIDO.


Seguimos mostrándovos a nosa celebración do Entroido. Non todo ía ser xogar, disfrazarse  ou bailar; nestas datas ofrécensenos  suculentas viandas que non puidemos rexeitar. Para a ocasión escollemos  unhas estupendas filloas.Como nos gustou moito a experiencia  do recitado cos nenos e nenas de tres anos, non o dubidamos, e decidimos compartir esta fabulosa tarde todos xuntos. Fixemos e degustamos pero...souberon a pouco!!!

O mellor de todo foi que ao día seguinte tivemos unha grata  sorpresa: a avoa Isa  lembrouse de nós e agasallounos coas súas marabillosas  "boliñas de anís"; que lle puxeron un broche de ouro ao Entroido.
GRAZAS, AVOA ISA,POR PENSAR EN NÓS!!!

lunes, 3 de marzo de 2014

COMO A VIDA MESMA (IV)


Hoxe quero rescatar, para a nosa sección, unha marabillosa historia que compartiu con nós o noso compañeiro Santi. A súa nai , Lola, atpouna lendo unha revista e pareceulle moi interesante. Fíxonola chegar a aula  e  lémola , comentando o que nos parecía.Quero compartila con vós para que a reflexionedes un pouco máis Tal vez a ensinanza vital  que nos proporciona sexa  importante e debamos aplicala a todos os ámbitos da vida.
Quen se lembra?