miércoles, 30 de abril de 2014

martes, 29 de abril de 2014

DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

O 29 de abril celebramos o Día Internacional da Danza. Non  vou a darvos demasiadas pistas porque seguramente o aproveite para os puntos pero  de todas maneiras a danza, como calquera das artes, non é algo que se poida explicar con palabras; ten que ver cos sentimentos.
Quero deixarvos uns exemplos de distintos tipos de danza  que existen para que sexades vos mesmos os que xulguedes o que vos gusta e vos fai sentir. Contádemo, que me fai ilusión!!!!
DANZA CLÁSICA
Fragmento de "O lago dos cisnes" de P. I. Tchaikovsky
DANZAS URBANAS
Exemplos de bailes urbanos desde Chile.
DANZA CONTEMPORÁNEA
O Grupo Corpo de Brasil interpreta "Sem Mim"
Quero rematar esta selección coa coreografía gañadora  no festival  de Showdance de Riesa(Alemania) do 2013.Os flamantes campións do mundo quedan moi pretiño de nós,alá por Vigo, e pertencen á escola  de danza Media Punta. Entre os paticipantes atópase o meu curmán Pablo, que é coma vós (10 anos) e un día soñou que quería bailar. E soñando, soñando mirade a onde chegou!!!
Con isto quero dicirvos que os soños poden cumplirse se os perseguides con forza , constancia e traballo.
FELIZ DÍA DA DANZA E...A BAILAR!!!

lunes, 28 de abril de 2014

COMO A VIDA MESMA (XII)

 Como mañá é o Día Internacional da Danza quero deixarvos como aperitivo este precioso vídeo coas notas en movemento do famosísimo "Bolero" de Maurice Ravel. Xa sei que non é danza pero si leva un dos seus ingredientes fundamentais : a música. 
Non todo vai ser reflexionar. Gozade e alimentade a alma.
 Iso fainos mellores persoas.

domingo, 27 de abril de 2014

EXTRA!!! EXTRA!!!

Por fin están aquí as entrevistas máis esperadas!!!! Esas que nos desvelarán os segredos  dos nosos personaxes favoritos, nos achegarán anécdotas simpáticas e nos darán a coñecer a madeira de xornalistas que hai en 4º. 
Debedes ter en conta que se trata dun primeiro contacto co xénero xornalístico e que hai que pulir algúns aspectos. Seguro que para a próxima incursión se nota a melloría. Mentres tanto imos a coñecer máis en profundidade a unha nena , doce e cariñosa, que ten debilidade pola súa avoa. Sí, unha nena  que lle encanta o vermello e andar cunha caperuza. Sabedes de quen vos falo? Máis abaixo a resposta.

sábado, 26 de abril de 2014

SEMENTANDO ECOLOXÍA

Xa están aquí  as crónicas sobre a charla de Enrique Banet na que falamos  da agricultura ecolóxica. Foi unha tarde agradable na que aprendemos moitas cousiñas. Velaquí están!!!

jueves, 24 de abril de 2014

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO.

Imaxe atopada na rede.

Onte celebramos no cole o Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor. Nun acto sinxelo, reunímonos todos no salón e vimos un estupendo telexornal  elaborado polos nenos/as de 6º, cunha pequena colaboración publictiaria dos alumnos/as de 4º. Despois escoitamos a lectura do primeiro capítulo de "Platero y yo", realizada  conxuntamente por un neno de cada aula. Como o libro está de centenario ben merece unha homenaxe!!!
Estas actividades leváronas a cabo o Equipo de Biblioteca coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. 
Como decoración para o evento, fixeron unhas árbores literarias cuxos froitos (adiantándose ao verán )foron estupendos libros cos que encher de soños as  nosas vidas. Esas obras creáronas todos os nenos do cole.A árbore violeta é a de 1º ciclo; a laranxa , a de 2º ciclo; a de cor verde , de 3º  ciclo e a vermella , de Infantil.
Ollade que lindas quedaron!!!


Se queredes ver o telexornal premede na imaxe e iredes ao blogue da biblioteca.

miércoles, 23 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

Imaxe obtida na rede.
O 23 de abril foi a data escollida pola UNESCO para celebrar o Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor en 1995. Coincide o día co do falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega no ano 1616.
No 2001, á iniciativa da UNESCO, nomeouse a Madrid Capital Mundial do Libro. Desde ese momento diferentes cidades  relévanse en acoller esta honra e organizan actividades culturais relacionadas co evento. Este ano a afortunada é Port Harcourt (Nixeria).
A Directora Xeral da UNESCO; Irina Bokova, na súa mensaxe  para este ano , afirma:
Mafalda será o estandarte da UNESCO para a celebración deste ano.
Preme na imaxe para saber máis.

Para obter máis información sobre este tema:
QUERES SER UN BO LECTOR/A? 
APLÍCATE O CONTO!!!

martes, 22 de abril de 2014

DÍA DA TERRA.

Imaxe obtida na páxina de Nacho Brunt  (nocturnar)

O Día  da Terra  celébrase o 22 de abril en moitos países do mundo. Instaurouse este día para crear unha conciencia común aos problemas da superpoboación, produción da contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer á Terra.
Temos un fermoso Planeta ,cedido durante uns anos para uso e disfrute noso e dos nosos, pero non debemos esquecer que é de prestado. Uns estiveron antes e outros virán despois; que queremos deixarlles en herdanza?Se a Terra é o noso fogar por que non o tratamos como tal?
Na páxina das Nacións Unidas tendes información sobre a celebración deste día.
Neste vídeo que atopei no Youtube vemos a importancia que ten o noso Planeta.
 
Fernanda Avalo fálanos de como coidar o medio ambiente.
Nesta páxina do goberno  de La Rioja , sobre medio ambiente, atoparedes divertidos materiais descargables  e enlaces de interese con máis xogos.

lunes, 21 de abril de 2014

CRÓNICA DUNHA PARTIDA ANUNCIADA.

O pasado 17 de abril abandonaba este mundo , Gabriel García Márquez, premio Nobel de Literatura en 1982. Este autor colombiano de nacemento e mexicano de adopción deixounos un extenso legado cuxo máximo exponente  é "Cien años de soledad". Non é un autor infantil pero como ides medrando debería empezar a soarvos. 
Deixovos  un vídeo  subido a Youtube por Hada Dormida ,que recolle as "13 líneas para vivir" deste xenial autor. Creo que moitas delas as enteredes perfectamente, se non podedes preguntarnos aos adultos; pero non esquezades que, na vida, a mellor aprendizaxe é a que un fai  a través da propia experiencia.
Os grandes xenios son humanos, tamén se equivocan.
Ata sempre, Gabo!!!

COMO A VIDA MESMA (XI)

Aproveitando que temos á volta da esquina a celebración do Día do Libro, volvemos a invitar á nosa sección ao xenial Andrés Faro.Traenos un chiste moi simpático e actual sobre as novas tecnoloxías  e o papel. Por certo, a ninguén lle soa de nada? Espero os vosos comentarios.


sábado, 19 de abril de 2014

INVENTAMOS?

Como en Coñecemento do Medio estivemos estudando as máquinas e  os inventos, que vos parece se agora xogamos para ver que aprendestes? Premede nas imaxes para xogar.
Caja Astur ofrécenos este divertido xogo.
José Canseco Castilla realiza unha entretida presentación  sobre as máquinas, os aparatos e os inventos. Botádelle un ollo!!!
No Proxecto Alquimia podedes atopar varias seccións que vos axudarán a repasar o Coñecemento do Medio, como Animais e plantas,  O meu Planeta, A máquina do tempo, Medro feliz ou Máquinas e ferramentas. O número 2 correspóndese co 2º Ciclo.

viernes, 18 de abril de 2014

EXPERIMENTANDO.

Durante o 2º trimestre, en Coñecemento do Medio, tamén nos dedicamos a experimentar. Aquí tendes un resumo do que levamos feito.

miércoles, 16 de abril de 2014

COMPARANDO A PRIMAVERA.

E coa chegada da primavera  aflorou en nós o sentimento poético e as gañas de loar esta marabillosa estación e os seus fermosos agasallos.Esta vez fixémolo traballando á comparación. 
A ver que vos parece!!!!

martes, 15 de abril de 2014

HORA DE LER (V)

A semana pasada recibimos unha sorpresa na "Hora de ler". Sabela trouxo á aula un libro de lecturas da súa madriña, Carina. Si, si, de cando ía á escola, e ata traía pegado na portada o seu horario. Era un libro de SM chamado "Cuentos escenificados"  . Escollimos unha lectura titulada "¿Por dónde sale el sol?"  e interpretárona moi ben Martín , Iván e Sabela.

lunes, 14 de abril de 2014

COMO A VIDA MESMA (X).

Un 14 de abril de 1126 viña ao mundo, en Córdoba, Ibn Rusd Averroes. Foi un importante filósofo e médico anadalusí, mestre  de filosofía e leis islámicas, matemáticas , astronomía e medicina. Gustaríame destacar hoxe na sección , unha das súas frases para a reflexión.Aínda que non todos os seus pensamentos foran acertados esta frase resulta moi interesante. A ver que vos suxire.

domingo, 13 de abril de 2014

EPISTOLARIO.

E xa recibimos unha nova misiva dos nos compis do Cole Pérez Viondi, en A Estrada. Mandarámoslle o mesmo xogo que nos enviaran para que intentasen averiguar quen somos, e.... non fallaron nin un. Son uns cracks!!!
 Para non perder o tempo xa lles contestamos e estamos desexando recibir outra carta.
A Diana tocoulle ler o que nos contaron os nosos compañeiros/as de A Estrada. Na parte inferior da montaxe , a nosa contestación.

viernes, 11 de abril de 2014

VERDE, QUE TE QUERO VERDE.


O  pasado mércores, dentro do ciclo de charlas "Son d´aquí " (organizadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega) visitou o noso centro Enrique Banet, presidente e promotor da Fundación Galicia Verde. Esta fundación é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como principal obxectivo o desenvolvemento rural sustentable.Pretende actuar como dinamizadora da actividade agrícola, gandeira,forestal e turística da comarca onde se instale; neste caso, en Leboso( Forcarei).
Enrique, centrou a súa intervención , en falarnos da agricultura ecolóxica e as súas vantaxes na nosa vida cotiá. Tamén nos invitou a o gran evento que se celebrará esta fin de semana en Leboso: a" 4º Feira de sementes e plantón ecolóxicos". Será o domingo día 13.

Maís información sobre a Fundación Galicia Verde premendo sobre a imaxe

jueves, 10 de abril de 2014

PARTICIPAMOS!!!!

Este ano lieime a manta á cabeza e decidín participar na VIII Edición do Premio Espiral Edublogs 2014. Necesitei un pequeno( ou grande) empurrón para facelo.Pero xa está!!!
Este galardón pretende, fundamentalmente, valorar, recoñecer, visibilizar e animar o traballo  dos docentes que  a través desta ferramenta didáctica, queren levar a cabo  a súa labor pedagóxica ao abeiro do uso das TIC na aula.
Sei que pode soar pretencioso, que a andaina é curta e queda o infinito por aprender,que a competencia é dura e tal vez non esteamos á altura, pero, como dun cobarde nunca se escribiu unha historia, ninguén nos priva de probar sorte. É bonito soñar!!!
Deixádenos o voso comentario de apoio clicando na imaxe e facádenos ver que a nosa inconsciencia non é para tanto. Os vosos comentarios son o mellor premio; a ese  sí que podemos optar.

miércoles, 9 de abril de 2014

HORA DE LER (IV)

Nesta nova entrega da "Hora de ler" tocounos homenaxear aos clásicos. Para isto , Adán, leunos do seu libro "Simbad, el marino" e Marcela, dunha selección de historias de Charles Perrault (interesantes para antes de durmir) , escolleu "El doctor sabelotodo".

lunes, 7 de abril de 2014

MARCHANDO UNHA DE CELEBRACIÓNS.

Hoxe é 7 de abril e conmemoramos varias cousas importantes: (Non darei demasiados datos para utilizar a data nos puntos)
Imaxe obtida no blogue Burbujitas de infantil

- Día Mundial da Saúde: Para recordar a fundación da OMS  escolleuse este día . Cada ano adícase a un tema determinado. Clica na imaxe de arriba  e levarate á páxina da OMS para obter máis información.
Fotografía de www.archivochile.com

-Tal día como hoxe nacía Gabriela Mistral. Se premedes na imaxe, iredes ata a Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes e atoparedes cousiñas sobre esta brillante dona.
Imaxe da Revista Katharsis

-Fai catrocentos anos que morría  Doménickos Theotokópoulos. Premendo na imaxe iredes aun Pinterest con obras de este xenial artista.
E agora solo queda agardar polos puntiños!!!

COMO A VIDA MESMA (IX)

Esta semana atopei esta curta (que creo que pertence a un anuncio) e pareceume  simpática. Quero que vos fixedes ben nas tres mini-historias que aparecen e me digades que ensinanza obtedes do acabades de ver.
Espero os vosos comentarios.

sábado, 5 de abril de 2014

O INVERNO QUE NON PASA.



Aínda que xa estamos na primavera(que non é que se note moito)quero compartir con vós esta escolma de preciosos poemas sobre o inverno creados polos nenos/as de 4º.Se o outono tivo o seu momento creador, o inverno non podía ser menos.
Gozádeos a carón da cheminea, que parece que polo de agora, é necesaria.

jueves, 3 de abril de 2014

TENRA VISIÓN

Como xa mencionei na entrada anterior,onte foi o Día Internacional para a Concienciación do Autismo e, navegando pola rede, atopei esta curta animada que nos da a visión dunha nena sobre o seu irmán autista.Frêdêric Philibert, pai dos nenos,realizou esta montaxe para falar sobre a súa vida e o que supuña para a súa familia esta experiencia.
A ver que vos parece.

miércoles, 2 de abril de 2014

DÍA INTERNACIONAL PARA A CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

Non quero deixar pasar a oportunidade  sen mencionar este día.
Imaxe obtida no blogue Orientación Condesa

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.

Un 2 abril de  de 1805 viña ao mundo, en Dinamarca, Hans Christian Andersen. Este escritor e poeta danés fíxose famoso mundialmente grazas aos seus contos para nenos/as.Por iso, a data do seu nacemento foi escollida para conmemorar este día. O IBBY pomove a celebración deste evento co fin de promocionar a literatura infantil e xuvenil e a lectura entre os máis novos.
Cada ano, desde 1967, unha Sección  Nacional patrocina internacionalmente o Día do Libro. A Sección elixe un tema e invita a un autor/a importante do país a escribir unha mensaxe aos nenos/as do mundo e a un recoñecido ilustrador/a a deseñar un póster. Estes son usados para promocionar os libros e a lectura.
Nesta ocasión o  deseño do cartel é de Niamh Sharkey e a carta aos nenos e nenas do mundo da autora, editora e tradutora  Siobhán Parkinson. 
Imaxe extraída do blogue "Soñando cuentos"

E para celebrar ben o día unha complilación de contos da editorial SM.
Cal vos gusta máis?

martes, 1 de abril de 2014

1 DE ABRIL...

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN.
Según o artigo 26 da Declaración do Dereitos Humanos "Toda persoa ten dereito á educación. A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do respecto aos dereitos humanos e as liberdades fundamentais"
Como non fun quen de escoller unha frase sola que resuma  o"espírito educativo", deixovos un Top Ten sobre o tema (Recollido por Tiching)