domingo, 15 de febreiro de 2015

Á RICA FILLOA!!!

Os bos costumes non deben perderse e para seguir coa tradición, o mércores (11 de febreiro) organizamos na aula de Infantil de 3-4 anos unha gran "filloada". Como anfitrións, 17 picariños/as coa profe Vane ao frente, e como invitados, os alumnos/as de 4º de Primaria  e a profe.
Comezamos escribindo a receita , preparamos o amoado, elaboramos cada un a nosa e.....a papar!!!
Aquí queda un resumo do acontecido.


A prensa fíxose eco da nosa tarde. Póñovos o publicado en "La voz de Galicia" e o enlace ao "Faro de Vigo"
E tamén vos deixo uns exemplos da receita que elaboramos
Clica sobre a plantilla para ir á súa orixe.

Grazas aos picariños e a profe Vane por deixarnos participar de ideas tan estupendas, e por facernos as fotos, e por darnos ideas , e por tantas cousas que non hai espazo suficiente.
Ata a próxima toleada. Estase cocendo!!!


6 comentarios:

  1. Que grandes cociñeiros hai en Foracarei! Graciñas por compartir a vosa receita connosco. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non sei se bos cociñeiros pero filloas non quedou ningunha!!!
      Un bico grande.

      Eliminar
  2. Respostas
    1. Pues ya sabes, Blanca,cuando te pases solo tienes que avisar. Estás invitada!!! Biquiños.

      Eliminar
  3. mari-luz . da moitas ganas de boltar o cole. un bico

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xa sabedes que podedes vir cando queirades, Mari Luz. Un saudiño.

      Eliminar