jueves, 16 de julio de 2015

BO VERÁN!!!!

Xa sabedes que non me gustan as despedidas e que en setembro volveremos a vernos todos no cole. Así é, que vos deixo esta montaxe de recordatorio do curso e o vídeo que nos fixera a profe Vane para a lectura de "Palmira, una bruja marina". (Quedoulle super chulo e non tivera ocasión de colgalo. Estaba esperando unha gran oportunidade e cal mellor que esta ).


(Grazas, profe Vane, por esta montaxe tan preciosa. Este sí que é un vídeo como ten que ser).
FELIZ VERÁN A TODOS/AS E GRAZAS POR ESTE FANTÁSTICO CURSO!!!
VÉMONOS EN SETEMBRO!!!

miércoles, 15 de julio de 2015

POR QUE OS PRÍNCIPES SON AZUIS?

Preguntástevos algunha vez por que os príncipes dos contos son azuis? Será do que comen? Terá que ver co feitizo dunha bruxa malvada? Se tedes interese en descubrilo, lede as posibles causas deste fenómeno.

martes, 14 de julio de 2015

SERES FANTÁSTICOS.

Aínda nos quedan cousiñas no tinteiro, entre elas, esta compilación de Seres Fantásticos que non vos podedes perder. A ver que vos parece!!!

lunes, 13 de julio de 2015

REMATOU ESTE CURSO.

Unha das cousas que lle pediran á Fada Perella nas súas cartas fora que me convencera para que puidesen traer á aula xogos de mesa e divertirnos con eles. Xa sabemos do gran poder de convicción da nosa fada particular, así que, rematamos os últimos días facendo cousas diferentes.Un día, elaboramos un puzzle dun mapa de Europa que trouxo a clase Marcos Lesta. Ao principio costou un pouco, pero entre todos, conseguímolo!!!
Outro día tocaron os xogos de mesa. "Conector enciclopedia", "Mi primer libro de ajedrez","Caras y gestos" e "Mate , el juego de los tres poderes" fixeron as delicias de todos.
Noutra ocasión, formamos dous equipos para resolver o "Fin de curso" do libro de Mates e ao seguinte día,  tocaron equipos de tres para xogar ao "Stop" e a buscar no diccionario.
O último día, recibimos carta de Perella, que nos desexaba feliz verán, e repetimos a experiencia de montar tendas pola clase  e mercar e vender de todo. Ata tiñamos un banco e sabedes quen era a banqueira? Si, si, a profe!!!!
Aquí queda constancia  do que vos acabo de contar.


O último día tivemos que facer unha festa para despedir o curso como se merecía e entregar uns agasallos para deixar un bo sabor de boca.
ADEUS CUARTO!!!

domingo, 12 de julio de 2015

QUIXOTE (IV)

Para rematar, por este curso, a nosa andaina por este sorprendente libro , decidimos contar aquela aventura que nos gustara máis ou nos chamara a atención e por que. Aquí vos deixo a presentación do escrito pero tamén o podedes escoitar se premedes nos símbolos da nota musical.

viernes, 10 de julio de 2015

TALENTO.

Imaxe obtida en Pixabay.com

Seguro que estades a preguntarvos que encerra esta entrada, non si? Pois trae algo moi divertido e especial.Un día, na clase, mandeilles pensar a cada un  que era aquilo no que destacaban, algo que se lles dese ben facer. En posteriores ocasións fomos falando do tema e propúxenlles aos nenos/as facer un pequeno festival, para nós, mostrando eses talentos. O certo é que solo dixeron o que ían facer, pero o traballo posterior de búsqueda, ensaio, preparación foi propia , sen profe. Dito isto creo que imos ser testemuñas dunhas grandes actuacións realizadas por uns talentosos alumnos/as
Ábrese o telón!!!

jueves, 9 de julio de 2015

QUIXOTE(III).

Seguimos narrando a experiencia "Quixote".
Mentres íamos avanzando na lectura do libro (na "Hora de ler") fomos creando un rincón adicado ao noso personaxe estrela "Don Quixote".Colaboramos todos traendo libros da casa e da Biblio do cole. Tamén decoramos o espazo con personaxes da historia e  ata fixemos unha marioneta do protagonista.
E como xa mencionara na entrada sobre a celebración do Día do Libro, realizamos (xunto aos compis de 3º) un obradoiro de marcapáxinas onde utilizamos as figuras principais da obra. Con depresores, témpera, cores e imaxinación sairon uns marcadores chulísimos. Temos que agradecerlle a Encarni Valderrama que colgara os debuxos no seu blogue  Biblioteca Gregorio Marañón. Así todo foi moito máis sinxelo!!!
Pola parte de diante escribiron un lema "Leer=..." e por detrás unha frase alusiva ao Quixote (cada un inventou algo distinto).
A ver que vos parece!!!

miércoles, 8 de julio de 2015

NOVO PREMIO.

Pensei que o curso non me daría máis sorpresas pero estaba equivocada!!! Antes de coller as vacacións definitivas (Miña nai, moitas cousiñas quedaban pendentes!!!) a nosa amiga Marisa Alonso, de Poesía Infantil, e a nosa amiga Blanca Lafarga, de Escuela infantil castillo de Blanca, queren adozarnos o verán con este Premio Nominad@s. Premio recoñecemento 4 en 1.
Significado de cada un deles:
- Premio FT,  fidelidade entre os distintos blogueiros.
- Black Wolf Blogger Award, respaldo dos compañeiros para seguir traballando e non abandonar.
- Premio Parabatais, protección e axuda entre blogueiros.
- Premio Dardos, recoñece a creatividade,dedicación e esforzo de manter un blogue transmitindo unha serie de valores.

Inspirándome un pouco na nominación de Blanca, gustaríame tomarme unha licenza e conceder este premio a tod@s aqueles que me animades a seguir diariamente cos vosos comentarios tan cariñosos e motivadores. Xa sabedes, compañeiros blogueiros/as, que un blogue se alimenta de visitas e comentarios, e o traballo que facemos sempre é para mostrar, entreter  ou axudar aos demais.
Por iso nomino a todos e todas os visitantes que comentan no "Recuncho das fadas", aquí inclúo tamén aos pais, nais e nenos que me siguen; merecedes un agasallo á vosa fidelidade.
PARABÉNS !!!
 E GRAZAS, CHICAS, POR CONCEDERNOS TANTO HONOR E ANIMARNOS A SEGUIR NESTA ANDAINA!!!

martes, 7 de julio de 2015

VOZ NATURA.


Este ano participamos no programa de Voz Natura "Siembra ideas, recoge futuro" co proxecto Eco horto, que consistía  en facer un horto ecolóxico e crear puntos de reciclaxe no cole.
Dito así soa moi ben e tamén soa sinxelo pero... tivo o seu aquel!!!
Creamos puntos de reciclaxe en todas as aulas, nos patios e tamén no comedor do cole. A teoría sabémola bastante ben, na práctica;  todo é mellorable.
Alá polo mes de abril tocou sementar e, xunto cos nenos/as de terceiro, enchemos de terra o bancal e.... pirixel para adiante. Menos mal que estaba o profe Javi para dirixirnos un pouco, que se non... Uns días máis tarde tocoulle á menta e tamén á lavanda.
Despois dedicámonos a coidalo e regalo por quendas cos compis da outra clase. Esta foi a súa evolución de semana en semana.
Paralelo ao seu coidado, na nosa aula, levamos a cabo un lapbook con moita información sobre o pirixel  e as plantas en xeral: as súas partes, como medran,cales teñen flor e cales non... O resultado tédelo a continuación. 
Queremos darlle as grazas de maneira especial á profe Vane, que foi a coordinadora do proxecto. Quedounos un lapbook tan chulo porque nos axudou un montón.
GRACIÑAS,PROFE!!!

Se queredes máis información sobre Voz Natura , visitsitade o seu blogue premendo na imaxe.

lunes, 6 de julio de 2015

SORPRESA!!!

Seguimos con gratísimas sorpresas, nestas xa comezadas vacacións (para os que apuraron e publicaron todos  os traballos durante o curso, non coma outras, jejeje).
Chéganos un fabuloso agasallo dende Mi cole al día, o blogue de Noelia Martín. Resulta que nunha das súas entradas ofrecíanos preciosos carteis imprimibles con fantásticas citas, pensamentos, reflexións... Tamén propoñía o reto de deixarlle a túa frase favorita para que ela a "tunease". Como me pareceu unha idea extraordinaria, púxenme mans á obra e seleccionei  unha das moitas que me gustan e deixeilla no post. E como non podía ser doutro xeito, Noelia tivo a ben regalarnos este marabilloso cartel.
MOITÍSMAS GRAZAS, NOELIA. POLO TEU SABER FACER E POR TERNOS EN CONSIDERACIÓN.

domingo, 5 de julio de 2015

QUIXOTE(II)


Seguimos contándovos o que fixemos co Quixote. Primeiro traballamos o autor da obra: Miguel de Cervantes, a través da súa biografía e despois fixemos un retrato del. (Aquí teño que recoñecer que nos quedou traballo pendente pero non se pode atender a todo). Ensinávosvos como o vimos.


viernes, 3 de julio de 2015

PREMIO NO FINAL DO CURSO.

Vaia maneira de rematar o curso!!!Nada máis e nada menos que cun marabilloso premio!!! Concédenolo Isabel, de Recursos para mi clase. Este é un blogue que merece moito a pena visitar porque nos ofrece multitude de ideas e opcións para inspirar o noso traballo.
Aínda que me sinto inspirada por moitos blogues e persoas , eu vou nominar aos seguintes:
Moitas grazas, Isabel, por pensar en min para a concesión deste premio e parabéns a todos/as os nominados.

jueves, 2 de julio de 2015

miércoles, 1 de julio de 2015

COMO NOS GUSTA A POESÍA (II).

Despois de ver o resultado das  ilustracións das poesías de Marisa Alonso e da súa publicación, todos se presentaron voluntarios para recitar poemas. Decidimos facelo de maneira conxunta e isto foi o que nos saiu.

"La sombra de la avispa"

"Torito"