miércoles, 30 de septiembre de 2015

REPASAMOS AS LETRAS.

Xa estivemos repasando os números, que tal se agora nos dedicamos ás letras? Aquí vos deixo varias opcións:
- O primeiro xogo é de Portal Educativo e nel, Max, invítanos a repasar as vogais.
-En Vedoque atopei esta opción para completar palabras con vogais. Atrevédesvos?
- Os recursos de ANAYA  tamén son ben interesantes.
- Por último unha aplicación de Educarex, que nos ofrece un pouco de todo: vogais, consonantes, abecedario.
Todos estes recursos están en castelán e recollinos na páxina de Antonio López, Recursos educativos de primaria.

domingo, 27 de septiembre de 2015

LÚA, LÚA.

Esta madrugada, en pleno comezo do outono, producirase un espectacular eclipse de lúa. A lúa chea que nos contemplará desde o ceo será a maior dos últimos catro anos e ofreceranos unha escena pouco común.
Para saber máis sobre este tema visitade a páxina Astronomía para Primaria, premendo na imaxe.
E como  cando se produza o fenómeno, os nenos/as deberán estar durmidos, terán a oportunidade de velo a través da páxina web do Observatorio das Casetas, en Forcarei.

miércoles, 23 de septiembre de 2015

OLA, OUTONO!!!

Imaxe atopada en Docentes para el fomento de la lectura.

Hoxe pola mañá recibimos ao outono , que chegou cun sol preguiceiro e unhas temperaturas suaves. Para darlle a benvida e gozalo na súa extensión deixovos unha compilación de recursos que vos poden ser útiles. Nós , de seguro, que utilizaremos algún.Quedarán enlazados na pestana de Recursos catro estacións, no lateral do blogue.
E para rematar a entrada, poesía.
Imaxe atopada en Docentes para el fomento de la lectura.

sábado, 19 de septiembre de 2015

DO REVÉS.

Un pouco "do revés"empezamos nós o cole na clase de primeiro.Este cartel de benvida serviunos para introducirnos no mundo das emocións da man destes peculiares personaxes cos que todos nos identificamos nalgunha ocasión. Despois de presentalos e falar sobre eles, vímolos en acción no trailer da película.
Por último, falamos de como nos sentiamos cada un de nós ese primeiro día de cole e plasmámolo nun debuxo. Observade os resultados.

Seguiremos profundizando no tema e xa vos iremos contando que sae.
Se clicades aquí atoparedes a ficha para colorear en Pinterest.

martes, 15 de septiembre de 2015

REPASAMOS OS NÚMEROS.

Como temos que ir empezando e meténdonos en materia, faremos un repasiño dos número do 0 ao 10. Xa sei que os sabedes!!!Por iso puxen repaso.

-Comezamos cun sinxelo xogo de Pepa Pig á que lle encanta patinar.
-Que vos parecen agora unhas sumas con animais? Son moi faciliñas!!!
-Aquí poderedes atopar varias actividades como recoñecer grafías ou seguir series numéricas.
-Que tal andades de memoria?Poñédea a proba con este xogo e xa me contaredes.
Todos os xogos están sacados do estupendo blogue de Antonio López, 

jueves, 10 de septiembre de 2015

BENVIDOS A PRIMEIRO!!!

Imaxe de Maite Gan.

Ola a todos e todas!!! Que tal o verán?Espero que fose estupendo pero....rematou.
Xa rematou?Non, tranquilos, o único que chegou ao seu fin foi o aburrimento na casa. Xa estamos de volta no cole e temos por diante todo un curso que espero nos sexa ben interesante; de nós depende!!!
Quero comezar con esta preciosa frase de Hendricks, que "tuneou" Maite Gan de Lluvia de ideas, e que me parece un gran propósito para este curso. O reto é complicado pero... quen dixo medo?
Con este desexo douvos a todos/as a benvida á clase de primeiro. Espero estar á altura!!!

E como hoxe vin este chiste de Luis Davila, que moitos compartiron e me ensinaron, tamén volo deixo a vós para que riades un pouco, que rir nunca está de máis!!!
Faro de Vigo

martes, 1 de septiembre de 2015

CHEGOU SETEMBRO!!!

Imaxe de fondo Pixabay.com

Parece que foi onte cando celebrabamos as festas de fin de curso e entregrabamos as notas para irnos de descanso. Pero o tempo vacacional pasou e xa estamos outra vez de volta. Ogallá fose produtivo, á vez que relaxante, e nos sirva a todos para encarar este novo curso con moitas gañas e ilusión. Eu quero animarvos cun pouco de humor.
Benvidos Compañeiros/as!!!