lunes, 30 de mayo de 2016

VOLVE O PASADO.


Queridos alumnos/as de 6º:
Chegou o mes de xuño e con el, o ansiado fin de curso.Un  curso este que  representa o final de moitas cousas, entre elas, a etapa de educación primaria. Marcharedes ao instituto deixando atrás o cole, os profes e un sinfín de actividades e  xogos que vos acompañaron ao longo dos anos. Atrás quedarán as investigacións  de biblioteca, as exposicións de traballos, as probas, as clases,os bailes,as actuacións, os vídeos, as excursións....tantas e tantas cousas que marcaron a vosa nenez e que teredes que despedir.
Toda despedida da paso a algo novo,  a unha renovación do ser e do vivir, que é innata ao ser humano.Por iso debemos estar preparados  e debemos pechar as etapas como se merecen. Sabedes que comigo tedes pendente unha cápsula do tempo enterrada  a finais de 2º (xuño de 2012) e que está desexando  que a abramos.Pero tamén sabedes que sempre cumpro co que prometo  esixindo a mesma rigurosidade por parte do outro. Así vos fago saber que, ansío formalizar o noso trato, sempre e cando a vosa parte estea cumprida. Escribistes todos/as na entrada creada ao efecto o ano pasado  como prometestes ao asinar o noso contrato?
Recordade que somos un equipo para sempre, aínda que a vida nos leve por diferentes camiños, estamos unidos para a eternidade.
Esta é a primeira condición que ten que estar cumprida para seguir adiante co pacto establecido. Para facilitarvos o traballo deixovos o enlace á entrada por se alguén aínda non escribiu.
Premede na imaxe para acceder.

Teredes novas miñas. Permanecede atentos!!!

sábado, 28 de mayo de 2016

PUNTUANDO: AITANA E AS SUMAS.

Montaxe realizada con Pizap.

A nosa compi Aitana escolleu para a súa entrada as sumas e a min venme de perlas porque vou aproveitar para poñervos actividades de sumas levando , que é no que andamos.

Primeiro faremos un repasiño cun xogo de sumas fáciles.
http://www.mundoprimaria.com/
- Coloquemos a cada neno /a no seu asento segundo o resultado da suma.
http://mrnussbaum.com/
- Agora un Tríathlon moi divertido onde tamén se incorpora a resta.
http://mrnussbaum.com/
-Neste xogo de Vedoque podemos escoller a operación e o grao de dificultade.
http://www.vedoque.com/
De pekegifs sumas con levadas.
http://www.pekegifs.com/
Podemos rematar cun pouco de música.

miércoles, 25 de mayo de 2016

EUROS E HORAS

Nestes dous últimos tema de Mates tocáronnos os euros e as horas. O certo é que teñen a súa complicación pero se cadra xogando aprendemos mellor, non si?
Comezaremos cun xogo moi sinxeliño que solo traballa cos euros en moeda. Está en francés pero enténdese ben; so tendes que escoller a cantidade que suman as moedas. Vino no blogue da nosa amiga Blanca Lafarga,Escuela infantil castillo de Blanca.
pepit.be
En Teachigmoney aparece un xogo para mercar con céntimos.
http://www.teachingmoney.co.uk/eurosite/wb/ClassPresentsEURO.html
http://www.teachingmoney//
Na páxina de Childtopía aparecen actividades para facer a compra.
http://childtopia.com/

Imos agora coas horas.Comezaremos por un vídeo informativo.
Atopado no canal de Youtube de Jesús Chacón Chaparro.
Agora un xogo para colocar as horas e media da Editorial Teide.
http://www.editorialteide.es/

lunes, 23 de mayo de 2016

HORA DE LER (VIII)

Imaxe atopada na rede.

Alba trouxo á aula nada máis e nada menos que, "Bichos"; unha preciosa historia  que nos encantou a todos (aínda que xa a coñeceramos).Representa moitos valores importantes para a vida, como son o traballo en equipo, a coraxe fronte as inxustizas e non renderse nunca. Mirade que orgullosa posa Alba co seu conto!!!
Montaxe realizada con PiZap.
Deixovos un fragmento da película onde se mostra a importancia do traballo en equipo.
Obtido no Canal de Youtube de erika v h.

sábado, 21 de mayo de 2016

SEGUIMOS PLANTANDO.

Imaxe obtida en pixabay.com
Xa vos anunciaramos que tiñamos outra actividade de plantación pendente. Sabedes cal foi?
Agora que o penso.... podería ser sorpresa!!! Cóntovos como a preparamos e cando naza xa vedes o resultado.Parécevos?
Temos que dicir, en primeiro lugar, que a idea non foi nosa. Vímola no corredor de Infantil e como nos gustou tanto decidimos facela nós tamén.
-Comezamos xuntando botellas  de auga de plástico e tapóns (bueno, vale, prestáronnos en Infantil).
-Cortamos as botellas e eliximos os tapóns que queríamos para formar unha cara.
Quedaron así de chulas!!!
-Despois mediámolas de terra,botamos a semente, cubrímola e regamos.
-Agora solo nos queda regar e agardar.
Montaxes realizadas con PiZap.

miércoles, 18 de mayo de 2016

DÍA DOS MUSEOS.

Imaxe atopada na rede.

O Día Internacional dos Museos celébrase no mundo o 18 de maio desde o ano 1977. Para festexalo nada mellor que visitar algún.Pero como, que non vos queda á man ningún? Non vos preocupedes. Deixovos varias opcións para facer visitas virtuais.
Na páxina do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte existen moitas posibilidades.
Na páxina de SM Conectados tamén hai varias opcións interesantes.
E a nosa amiga Blanca B, do blogue Actividades para Educación Infantil, colgou unha estupenda entrada sobre o tema. Pasádevos e verédelo!!!
FELIZ VISITA!!!!

martes, 17 de mayo de 2016

LETRAS NOSAS

Mural realizado polos alumnos/as e mestres/as do noso cole.

Chegou o gran día, o das nosas Letras Galegas!!! Que ben que as festexemos nesta data, aínda que nós celebrámolas diariamente.Este ano tivemos que adiantar o festival e fixémolo o xoves pola tarde.Comezamos cunha presentación dos alumnos e alumnas de 6º sobre a vida e obra de Manuel María(o homenaxeado deste ano).

Despois os nenos e nenas de todo Infantil interpretaron a cantiga "A roda -roda"(con letra do autor), para , a continuación ,  facer unha visita guiada virtual pola casa museo de Outeiro de Rei e gozar do baile interpretado polos alumnos/as de 4º, "Caminho de Viseu".
Neste momento tocounos o  turno a nós, xunto cos nenos de 2º, que cantamos "O Sol". Vimos un vídeo titulado "Caracol", que recollía as fantásticas producións dos nenos de Infantil sobre o gasterópodo e rematamos cantando "O carro". Como non podía ser doutro xeito, o "Himno Galego" puxo o broche final ao acto.
Clicade na imaxe para ver o vídeo no noso blogue de Normalización.

Na clase fixemos varias actividades relacionadas co autor e coa data, entre elas, colorear un retrato de Manuel María para compoñer un estupendo mural (feito por todo o cole) ao Andy Warhol; tamén fixemos en plástica un individual para nós;investigamos sobre o autor e tamén sobre o carro. Aproveitamos un que tiñamos a disposición en miniatura e dedicámonos a aprender as súas partes.
Montaxe realizada con PiZap.
Este é o vídeo realizado cos nenos/as que agora están en 6º no ano 2013.

E entre ensaio e ensaio do poema decidimos ilustralo. Mirade que chulo nos quedou!!!

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

domingo, 15 de mayo de 2016

A MIÑA FAMILIA, O MEU TESOURO.

Imaxe obtida do Colegio Miramadrid.

O 15 de maio é o Día Internacional das Familias. Foi proclamado pola Organización das Nacións Unidas(ONU) no ano 1993 dada a importancia da institución.Como todos temos unha familia debemos celebralo e ser conscientes do marabilloso agasallo que supón poder gozar dela.
Sexa cal sexa a súa composición, cor, ideoloxía,tamaño.....é nosa, e iso ninguén o pode cuestionar porque a nosa familia é raíz e sustento, refuxo e aloumiño, forza e educación.
A NOSA FAMILIA É O NOSO TESOURO!!!
Vídeo obtido no canal de Youtube de Guiainfantil.
Aínda que todos sabedes perfectamente que facer e como levar as vosas familias, en Guía Infantil, ofrécennos unha morea de consellos, actividades e cousas para facer en familia.
FELIZ DÍA!!!

viernes, 13 de mayo de 2016

MILES DE BICOS.

Imaxe atopada na rede.

O 13 de maio celebramos o Día do Neno Hospitalizado. Á marxe de que estea instaurado oficialmente, paréceme unha iniciativa preciosa. Polo tanto, a celebralo!!!
Todos estivemos enfermos algunha vez: toses, cararros,virus,dor de barriga...e visitamos a consulta do médico, incluso o hospital.Pero que ocorre cando a enfermidade se volve un pouco rebelde e hai que permanecer ingresado?
Ogallá non teñamos que sabelo nunca; por desgraza hai moitos nenos e nenas que pasan moito tempo nun hospital. Para estes heroes loitadores e heroínas  guerreiras, pais sensibles e nais coraxe,médicos/as implicados e enfermeiras/os suaves e todo o persoal que trata con estes nenos/as van os miles de bicos que temos reservados para eles. Non son uns bicos calquera, nin deses que nos sobran; son xerados especialmente para dar ánimo e alegría a quen a necesita, forza a quen a precisa e cariño a quen  require un empurrón.
BIQUIÑOS MIL PARA TODO/AS!!!
Imaxe atopada na rede.
Deixovos o vídeo que fixeron no INSTITUT GUTTMANN  para celebrar este día coa canción "Un beso redondo" de Conchita. E se clicades aquí poderedes ver a entrada do ano pasado.

miércoles, 11 de mayo de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(IX)

Como remate da primeira parte do proxecto compartirei con vós as fichas que realizamos sobre o Reino Unido. Primeiro  en branco, por se lle servisen de modelo a alguén e despois un exemplo de como nos quedaron. Parécevos?

Preme sobre a imaxe para acceder ás fichas do proxecto.

Este foi o resultado. Gústavos?

lunes, 9 de mayo de 2016

RECURSOS PARA AS LETRAS GALEGAS.

Imaxe atopada na rede.

Co mes de maio empezan a agromar as flores e celebramos a chegada da primavera na festa dos maios. É neste mes cando máis se senten as nosas letras, aínda que nós somos de todo ano ; e falamos a nosa lingua porque si, porque nos gosta , porque queremos e nos da a gaña. Verdade, Celso Emilio?
Este ano dedícanselle as Letras Galegas ao escritor, poeta e dramaturgo Manual María, que nos ten a todos engaiolados coa súa obra.
Déixovos uns  recursos para traballar o autor e a súa obra (premede na imaxe).
IMOS QUENTANDO MOTORES!!!

viernes, 6 de mayo de 2016

CERVANTES, 400 ANOS DESPOIS.

Caricatura do autor por Vladimir  Motchalov.

Este 2016, no que se cumpren 400 anos do pasamento de D. Miguel de Cervantes Saavedra, decidimos celebrar a súa persoa e a súa obra participando(outro ano máis) no proxecto colaborativo "Cervantes con las TIC". Ven sendo unha prolongación do proxecto do curso pasado "El Quijote con las TIC" e segue capitaneado pola xenial Lourdes Giraldo Vargas.
Deixovos o acceso ao libro virtual (tamén quedará no lateral do blogue)para que poidades ir vendo os nosos traballos (número 39) e os de todos os participantes.
E tamén unha nube de palabras feita cos vocablos que utilizamos para definir ao autor nos acrósticos.


Nube de palabras realizada con Tagul.

miércoles, 4 de mayo de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(VIII)


E para rematar co Reino Unido, Biblo, propúxonos contarlles aos nosos compañeiros e compañeiras parte do que aprenderamos durante a nosa investigación. Asemade, nós tamén escoitamos aos demais nenos do cole e foi moi enriquecedor.
Foi así como conseguimos o noso primeiro selo no pasaporte e integrar o noso traballo nunha completísma guía sobre o Reino Unido, que tamén visitou todas as clases.

Como recompensa ao noso traballo , velaquí o selo no noso pasaporte de aula.
Misión cumprida!!!

lunes, 2 de mayo de 2016

NON AO ACOSO!!!

Imaxe obtida en http://www.diaadia.com.ar/

Hoxe,2 de maio , celébrase o Día  Mundial da Loita conta o Bullyng. Outra data que non me fai ningunha graza que exista no calendario. Pero, que é o bullying?
Bullying é un anglicismo que non forma parte do dicionario nin Da Real Academia Española (RAE) nin da real Academia Galega (RAG), pero cuxa utilización é cada vez máis habitual no noso idioma. O concepto refírese ao acoso escolar e a toda forma de maltrato físico, verbal ou psicolóxico que se produce entre escolares, de forma reiterada e ao longo do tempo.( Fonte da información: http://definicion.de/bullying/).
Resumindo, non debemos portarnos mal cos compañeiros/as nin consentir que outros o fagan. Así que xa sabedes,
NON AO BULLYING!!!
Hai un tempo saiu unha campaña publicitaria para Android sobre este tema. Mirade, mirade, a ver que vos parece.
Obtido no canal de Youtube de Android.

domingo, 1 de mayo de 2016

MAMÁ.

Obtido en imagenesconfrasesdeamor.info

Non creo que precisemos un día especial para recoñecer o que diariamente fan as nosas mamás por nós pero , por se non llo valoramos o suficiente (que pode pasar),hoxe darémoslle as GRAZAS con maiúscula.
Primeiro, cunha poesía preciosa sobre unha estrela.
Atopada en imagenes-chistosas.net
Despois, cunha coñecida canción.
Obtido no canal de Youtube Babyradio.
E, por último,cunha aperta ben grande!!!

GRAZAS; MAMÁ, POR TODO.
Día de la Madre - GIFMANIA
Obtido en www.gifsanimados.com 
FELIZ DÍA DO TRABALLO!!!