sábado, 31 de diciembre de 2016

FELIZ 2017!!!


Para todos aqueles e aquelas que vos pasades por este, o voso blogue, que comentades, que o usades e o agradecedes; quero desexarvos o mellor para este novo ano. Que na paz das vosas vidas se cumplan os voso soños.
FELIZ 2017 PARA TODOS/AS!!!

viernes, 30 de diciembre de 2016

SORPRESAS POR NADAL (II)

Manualidade atopada  no blogue Vivir sano con Patty.
Lembrádesvos que quedaramos facendo galletas, non si? Pois ese día tamén lle demos un agasallo á profe Vane. Como sempre nos está axudando e se alía coa profe nun montón de aventuras, decidimos facerlle unha felicitación de Nadal e un Papá Noel moi especial. Esa foi a manualidade que levamos todos para a casa(Na foto de arriba)
Pola tarde, recibimos a esperadísima visita de Papá Noel que , como todos os anos , escoitou as nosas peticións e preguntounos se foramos bos durante o ano.
Montaxes realizadas con PiZap.
Aquí vos deixo as cartas que escribístedes a Papá Noel e aos Reis Espero que vos traian todo!!

martes, 27 de diciembre de 2016

SORPRESAS POR NADAL.

Montaxe realizada con BeFunky
O luns, 19 de decembro, foi un día moi intenso na aula de 2º. Cando chegamos á clase , atopámonos cunha nova mensaxe de Perella. Nela, desexábanos un feliz Nadal e deixávanos unhas golosas piruletas de chocolate para compartir cos nenos/as de tres anos. Pero...por que? Non é que non nos guste repartir, o tema estaba en por que con eles. A última vez que a fada nos touxera lambetadas (polo Samaín co xogo de pistas)  acabaramos na aula dos picariños compartindo bombóns.
Logo comprendimos que pasaba, cando  apareceu a profe Vane pola porta cos seus peques.Viñeran a... facer galletas!!! Como o oídes!!! Facemos cousas moi convencionais, outras non tanto pero sempre realizamos cousiñas divertidas.
Mirade para que dou a mañá!!!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

Grazas profe Vane e picariños por compartir con nós tantas aventuras. Por moitas máis!!!
Na próxima entrada veremos outras  cousas que pasaron neses días.

viernes, 23 de diciembre de 2016

CALENDARIO DE ADVENTO.

Pois seguimos cumprindo os mandatos do noso calendario, os que nos enviou a Fada Perella. Por se vos interesan, aquí están.
Tamén vos ensinamos como fomos realizando os mandados.
Abrazos para todos/as.
Bicos para todos/as
Montaxes realizadas con PiZap.

miércoles, 21 de diciembre de 2016

CAIXÓN DESASTRE (III)

Montaxe realizada con PiZap.
Chegados a estas datas, nas que os medios de comunicación nos adiantan o Nadal en forma de consumismo: comida,  agasallos, xoguetes.... penso que tal vez sexa o momento da reflexión. Non vou ser eu a que veña a dar leccións de moral nin de nada, solo plantexar algunhas cuestións para que todos/as analicemos que é o que queremos transmitir.
Queixámonos de que os nosos nenos/as  non valoran nada porque teñen de todo, non lles gusta nada porque teñen de todo, abúrrense porque teñen de todo, non saben facer nada porque lles facemos todo. Quen lles da todo? Non estou dicindo que sexa o voso caso pero sí hai casos. Por iso , vouvos a deixar una artigo que atopei en Guiainfantil.com , sobre a regra dos catro agasallos de Nadal.
Tal vez non axude nestas datas.
Premede na imaxe para acceder.

sábado, 17 de diciembre de 2016

PERELLA E O NADAL.

Xa volveu a aparecer a nosa querida Perella!!! Resulta que Cris e Aitana lle escribiron dúas cartas moi chulas agradecéndolle os seus agasallos e as súas probas.
Por este motivo, contestounos e ademáis quixo facilitarlle o traballo á profe mandándolle unha listaxe con cousiñas que facer para o noso calendario de advento. (Á profe venlle xenial porque decembro é un mes....mortal!!!)
Xa comezamos co calendario (que o saquei do blogue da amiga Blanca B, Actividades para Educación Infantil ). O primeiro día, comimos unha figuriña de chocolate  dun almanaque de advento que nos trouxo Constante, o segundo día, tiñamos que preocuparnos por alguén que estivera triste e para a fin de semana tocaba paseo en familia e agasallar a algún familiar con algo feito á man.
Montaxes realizadas con PiZap.
Que máis nos deparará? Haberá que estar atentos!!!

jueves, 15 de diciembre de 2016

O OUTONO VAI REMATANDO.

Imaxe atopada na rede.
Antes de que remate o outono e teñamos que darlle a benvida ao tempo xélido e glacial que caracteriza ao inverno, quero compartirvos esta selección de poesías que recolleron os nenos e nenas de 2º. Algunhas teñen o nome do autor, outras, copiáronas de internet e non atoparon quen as escribira. Tede paciencia, estamos empezando!!!

lunes, 12 de diciembre de 2016

O NADAL XA ESTÁ AQUÍ.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Como todos os anos, por estas datas, aparece a nosa particular recopilación de materiais propios destas datas. Agardo vos sexan de utilidade!!!
Grazas a todos/as os que compartides materiais de todo tipo por facilitarnos o traballo!!!

sábado, 10 de diciembre de 2016

DEREITOS HUMANOS,DEREITOS DE TODO/AS.

Imaxe atopada na rede.

Cada 10 de decembro celebramos o Día Internacional dos Dereitos Humanos. Conmemoramos que , en 1948, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración Universal deses dereitos tan fundamentais e que todos/as temos. Pero que son e para que serven?  Máis información na páxina das Nacións Unidas.
Aula Planeta ofrécenos recursos para traballar o tema.
Para celebralo deixovos unha canción sobre os dereitos dos nenos para Unicef.
Obtido no canal de Youtube Distroller.
Tamén un cartel do blogue Zenpencils.com en color que adaptou Actilidis.com ao branco e negro para poder colorear.



FELIZ DÍA DOS DEREITOS HUMANOS!!

jueves, 8 de diciembre de 2016

CALENDARIOS DE ADVENTO.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Comezado o mes de decembro, empeza a conta atrás para chegar ás festas do Nadal. Non hai mellor maneira de facelo que a través dun calendario de advento. Hai milleiros de posibilidades diferentes   pero quero mostrarvos un par delas que me gustaron especialmente.
Unha é a proposta de Google, Sigue a Papá Noel, a través de Google Maps.
Outra, atopeina no blogue da nosa amiga Isabel Piñero, Las TIC en Primaria. Trátase dun libro escrito por Carmen Posadas para Suchard, titulado "El primer cuento de Navidad". Con él preténdese unir á familia a través da lectura contaxiando a ilusión e maxia destas datas.
Na páxina web aparece un calendario de advento con moitas sorpresas que descubrir.
Xa vos contaremos cal é o noso calendario e como xurdiu. Permanecede atentos/as!!!

martes, 6 de diciembre de 2016

RETAZOS DA CONSTITUCIÓN.

Imaxe atopada na rede.
Tendo en conta que a Constitución Española é a nosa lei máis importante, imos intentar achegala aos nenos/as ofrecendo recursos para traballala a diferentes niveis.
Na páxina de Didactalia aparecen unha chea de opcións para todas as idades.
Aquí tedes unha explicación curta sobre o que é a Constitución, según o "neno que o sabe todo" da serie "Zamba pregunta"
Obtido no canal de Youtube do CEIP San Agustín.
Por último , un tableiro Pinterest que creei sobre o tema.
BO DÍA!!!!

sábado, 3 de diciembre de 2016

SON CAPAZ DE...

Imaxe atopada na rede.

Cada 3 de decembro celebramos, de maneira mundial, o Día Internacional das persoas con Discapacidade. Son persoas que teñen os mesmos sentimentos, os mesmos soños e similares preocupacións  que as que temos nós. Pero enfróntanse a un handicap a maiores nas súas vidas: simplemente que os vemos diferentes. Porque ... quen dixo que somos perfectos/as? Que non hai cousas que nos custan ou que non sabemos ou non podemos facer?  Cada un de nós debemos ser conscientes das nosas capacidades e intentar chegar a onde queremos, pedindo axuda se a precisamos ou axudando a outro que lle custe máis. Entón... Onde está a diferenza? NA MIRADA.
CAMBIEMOS O NOSO XEITO DE MIRAR: TODOS SOMOS IGUAIS!!!
E agora un precioso conto de Jérôme Ruillier, que nos fala de incluír, normalizar e axudar.
Atopado no canal de Youtube de Mayte Calavia.

jueves, 1 de diciembre de 2016

COMO VAN OS PUNTOS?


Pois vento en popa e a toda vela!!! Ben é certo  que non todos estamos no mesmo nivel,  pero non hai que preocuparse de nada; pasiño a pasiño vaise moi lonxe.
Imos por partes.Os que conseguiron 10 puntos(que son varios) obtiveron un debuxo para colorear dun tema que eles mesmos escolleron.
Os que chegaron aos 20, unha pegatina dun surtido que tiña a profe.
E os que chegaron a 30, un conto con fábulas ao que terán acceso cando poidamos ler na clase(xa que o resto solo pode utilizar os libros que trouxo da súa casa).
Montaxes realizadas con PiZap.
Seguimos avanzando, a ver que novas sorpresas nos esperan!!!