viernes, 24 de febrero de 2017

NO TEU DÍA.

Imaxe  atopada na rede . 
Preme nela para acceder a entradas anteriores sobre este tema.

ROSA
Ai,  Rosa da roseira,
 se volveses a mirar
erguerías alto o pranto
voltarías a chorar.

A xustiza non se cumpre
se non chega pola man,
e os fillos de Galicia
polo mundo adiante van.

Visionaria do teu tempo,
defensora do inmortal,
esta Lingua que amamos tanto
ferida de morte vai.

A Negra Sombra que se cerne,
co seu manto sobre nós está
enchendo de néboa espesa
todo aquilo  ao que amar.

Pero teño esperanzas limpas,
que no futuro han chegar;
co traballo de todos xuntos
un tempo mellor virá.

                                               Anabel García

Hoxe, 24 de febreiro, que celebramos o Entroido no cole, facémolo nunha data importante para as nosas Letras e a nosa Culura. Tal día coma hoxe nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela e comezaba a vida dunha loitadora que nos serve de exemplo en moitos ámbitos vitais. Para celebrar o seu día, na clase de 2º (e os nenos/as de 3 anos tamén) traballamos o poema da autora "Parece unha rosa".Cada un escribiu unha estrofa en depresores de cores e despois preparamos unhas bolsiñas coa estrofa e incluimos a poesía enteira. Así nos quedou.
Aquí vos deixo unha canción con pictogramas elaborada polo CEIP. Plurilingüe "Anxo da Garda"( A Coruña 2015). Música: poema "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro interpretado por Amancio Prada e a Filharmonía de Galicia.
E tamén unha escolma  de Rosalía para conmemorar o seu día feita polos veciños e veciñas da Estrada. A ver que vos parece!!!

4 comentarios:

  1. Un hermoso homenaje para una gran mujer y escritora. Es muy bueno que los niños conozcan a personajes ilustres desde pequeños.
    Saludos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tienes toda la razón, Mirian. Debemos conocer nuestras raíces para tener buenos ejemplos.
      Besos.

      Eliminar
  2. Un gran día para recordar a una literata de los pies a la cabeza. Estupendo todo. Un besote

    ResponderEliminar