sábado, 24 de junio de 2017

CHEGOU FINAIS DE XUÑO.

Se algo me caracteriza, para ben ou para mal, é ser unha persoa que cumpre coa súa palabra. Xa vos dixen no seu momento que, cando rematase cada curso(mentres existese este blogue) , publicaría unha entrada para que todos os meus alumnos/as puidésedes  comentar o que quixerades e mantivésemos  así o contacto.
Eu cumprín e aquí está o acordado; agora sodes vós os que tedes que ser consecuentes co que prometestes.
Xa sei que sodes "moi maiores" porque estades no instituto e todo o que representa o cole é infantil e pasades un pouco. Por outro lado, outros acabades de rematar 6º e xa tendes a cabeza noutro lado. Non esquezades nunca de onde vindes, nin quen pasou polas vosas vidas porque seguramente marque o voso fururo e vos dirixa cara onde queredes ir.
Espero os vosos comentarios pero sen demasiada impaciencia, non me quero decepcionar.
Fagades o que fagades os meu sentir por vós non cambia.
BO VERÁN, PERELLOS/AS!!!
Por certo, os alumnos/as de 2º están convidados a comentar tamén.

miércoles, 21 de junio de 2017

ANIMAIS FANTÁSTICOS.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Gústanos utilizar a imaxinación e con ela, crear todo tipo de produtos que se poidan pensar. Nesta ocasión inventamos uns animais fantásticos que plasmamos nun papel, a través da súa descrición e a súa ilustración. Despois presentámosllos aos nosos compañeiros/as.
Esperamos que vos gusten!!!
Montaxes creadas con PiZap.

sábado, 17 de junio de 2017

CRISTINA E XÚPITER.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Montaxe realizada con Pizap.
Imos seguir mostrándovos  as nosas exposicións sobre os planetas. Nesta ocasión tócalle a Cristina e a Xúpiter. Que o gocedes!

miércoles, 14 de junio de 2017

O CORREO SEGUE.

Cando xa parecía que deasaparecera das nosas vidas, alguén tivo a ben reacordala  e mandoulle unha carta. Foi o noso compañeiro Daniel, alá polo mes de abril, o que se lebrou de Perella. Despois animouse Candela e tamén lle escribiu unha misiva.
A resposta da nosa Fada non se fixo esperar  porque " a pobre" estaba desexosa de información.
Montaxes realizadas con PiZap.
PERELLA VOLVE CANDO QUEIRAS!!!

domingo, 11 de junio de 2017

PLANETAS.

Imaxe obtida en Pixabay.
Neste trimestre e no pasado falamos do Universo , dos planetas, dos satélites... e de moitas cousas máis. Para aprender dunha forma máis amena e colaborativa, fixemos uns traballos sobre os planetas. Recordades o sorteo que fixeramos? Clicade aquí para velo outra vez.
Pois á volta das vacacións, revisamos a información e plasmámola nunha catolina negra A4.  Despois, expuxemoslles a información recollida aos nosos compañeiros/as.
O primeiro en facelo foi Diego. Mirade que ben o fixo.

jueves, 8 de junio de 2017

O LONGO E ANCHO OCÉANO.

Imaxe obtida en  loqueleo.
Con esta preciosa frase de Isaac Newton, encabezo hoxe a celebración do Día Mundial dos Océanos. Sabemos que a Terra está cuberta na súa maioría por auga (moita salgada), que esta é fonte de vida e de riqueza, que é imprecindible para a nosa continuidade..... e non a coidamos como se merece!!!!
Baixo o lema "Os nosos océanos, o noso futuro" preténdese visibilizar esta auga de mar para recordar a súa impotancia,informar sobre as consecuencias do seu mal coidado, movilizarse no seu favor e gozar da súa beleza.
Deixovos un enlace á páxina de Ecoembes, Amarillo, Verde y Azul, onde Peppa Pig nos pide un compromiso con esta causa.
Que vos parece unha compilación  de estupendos contos sobre animais mariños? Carmen Parets , na súa páxina Catacricatacrac, ofrécenos unha ben xeitosa.
Por último, aí vos quedan os consellos de Peppa Pig e Ecoembes para coidar os océanos.
Obtido no canal  de Youtube de Peppa Pig Canal oficial(Español-España)
FELIZ DÍA!!!

lunes, 5 de junio de 2017

POR UN MUNDO MELLOR.

Imaxe obtida en pixabay.com
Fai arredor de 43 anos que se ven celebrando o Día Mundial do Medio Ambiente e, o que nos queda por reivindicar, xa que as noticias que nos chegan non son nada favorecedoras.
Imos deixarnos de fatalismos e concentrarnos no que podemos facer. Cada ano, este día , organízase en torno a un tema e no 2017, preténdese a conexión das persoas coa natureza. Temos a gran sorte de vivir nun medio rural e de estar conectados permanentemente co natural pero todo se pode mellorar.
Se ides á páxina das Nacións Unidas tedes máis información sobre este día e sobre o país anfitrión desta ano. Queredes saber cal é? Premede na imaxe.
Na páxina de guíainfantil.com  atoparedes  actividades e cousiñas desta data.
Nas entradas de anos anteriores sempre hai cousas interesantes.
Para finalizar unha preciosa canción titulada "Quiero vivir mejor" de Jano Ventura coa voz de Daniela Sono. A cantar!!!
Obtido no canal de Youtubre de Jano Ventura.
 FELIZ DÍA DO MEDIO AMBIENTE!!!

sábado, 3 de junio de 2017

CAIXÓN DESASTRE(VII)

Montaxe realizada con PiZap.
Xa facía tempo que o noso Caixón Desastre non aparecía; claro, con tanta celebración...
Hoxe tráenos unha deliciosa curta sobre as relacións interxeneracionais, o saber compartir e os malos entendidos. Que a gocedes ben e a reflexionedes mellor.
Obtido no canal de Youtube  de Eduardo Verasategui.