domingo, 9 de xuño de 2013

FADA PERELLA.

OOOOOlaaaaa!!!!!
Aquí estou de novo para cumprir a miña promesa. Xogaremos polos derradeiros positivos do curso que serán directos, como os últimos. Estades preparados?
1.Que artesáns nos visitaron o luns 3 de Xuño? Cales eran os seus nomes? (Creo que a profe publicou unha entrada sobre o tema, pero sssshhhhssss ,eu non digo nada , que todo se sabe).
2.Cal é a diferenza entre un zoco e unha zoca?
3.Como se chaman as zocas propias de Asturias?
4.Nomea dúas madeiras coas que se fai un cesto.
5.Cal foi o oficio anterior do noso cesteiro?
6.Nomea tres tipos de peles que nos ensinaron no obradoiro do coiro.
7.Que foi o máis che gustou do día?
Como podedes ver as preguntas son moi faciliñas. Entregádellas á profe antes do xoves 13 e teredes o voso premio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario