luns, 24 de febreiro de 2014

VOLVE ROSALÍA!!!

Como xa anunciabamos pola mañá, hoxe conmemoramos a data do nacemento de Rosalía de Castro. Queremos sumarnos á iniciativa da Asociación Galega de Escritoras e Escritores  que pretende instaurar este día como propio da autora para recitala, recordala e homenaxeala nun día especial que se traduza no gozo de vivila durante todo o ano. Porque queremos a Rosalía  libre e permanente, sincera e denunciante, de todos e para todos.
Esta é a nosa aportación á causa. Gozádea intensamente!!!
Grazas , Picariños, por ensinarnos e querernos tanto; grazas,  profe Vane, por este estupendo vídeo e todo aquilo que se queda na casa e grazas ,a aquel que asesora, pola paciencia e o ensino.

2 comentarios:

  1. Q cousa tan fermosa,e q cara de boiños puxeron todos,increible traballo profesoras,felicitacions!!!!

    ResponderEliminar
  2. Grazas polo cumprido.Eles son moi bos pero as veces esquéceno jeje.

    ResponderEliminar