lunes, 31 de octubre de 2016

HAPPY SAMAÍN!!!

Montaxe realizada con PiZap.
Para celebrar esta noite meiga deixovos unha curta de Halloween do pato Donald,
Obtido no canal de Youtube de Rosa Elena Caraveo.
un precioso conto sobre monstros (que xa vimos na clase) e
Obtido no canal de Youtube de Alejo Reyes.
algo de música nosa co tema "No samaín" de Paco Nogueiras.
Obtido no canal de Youtube de Kalandraka editora.
FELIZ NOITE!!!!!

sábado, 29 de octubre de 2016

SOBRE BIBLIOTECAS.

Cartel deste ano de Bibliotecas escolares.
Xa dixemos que o 24 de outubro se celebraba o Día da Biblioteca. Se queredes saber máis sobre a conmemoración, premede na imaxe.
Este ano 2016, o cartel realizouno a ilustradora vasca Elena Odriozola e o texto a ecritora galega Ledicia Costas. Fixádevos que fermoso!!!
Se clicades sobre o cartel poderedes ler o texto íntegro en galego.
Nós tamén abrimos a nosa biblioteca do cole e tivemos unha afluencia masiva de nenos e nenas que, coas súas suxestións en man,puideron acceder ao recinto e levarse unha piruleta de agasallo.
Montaxe e fotos realizadas pola profe Vane.

miércoles, 26 de octubre de 2016

ACHÉGASE O SAMAÍN.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Uuuuuuuhhh!!!Non notades unhas presenzas estrañas?Como unha sensación de arrepío que vos recorre o corpo? Pois claro!!! O Samaín está máis preto do que parece e para ir facendo sabor de boca aquí vos traio a compliación anual sobre o tema.Premede sobre a cabaza.
FELIZ CELEBRACIÓN!!!

lunes, 24 de octubre de 2016

DÍA DAS NACIÓNS UNIDAS.

Imaxe obtida en Nuestras Imágenes Digitales.

Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día Internacional da Biblioteca. Como no  cole reabriremos o noso "local da lectura" durante o recreo da mañá, falaremos desta data noutra entrada, para contarvos que tal nos foi todo.
Pero nesta xornada tamén conmemoramos o Día das Nacións Unidas. Que que son? Deixovos un vídeo explicativo que o deixa ben clariño.
Obtido no canal de Youtube de Zuper Kids.
Tamén atopei unha canción , "Que vivan todas las razas" que podería valer para representar a mensaxe da ONU.
Obtido no canal de Youtube de Jeidy Falla.
No meu Pinterest recollín algúns debuxos para colorear sobre este día.Premede na imaxe.
FELIZ DÍA!!!

jueves, 20 de octubre de 2016

XOGOS DE CIENCIAS.

Montaxe realizada con PiZap sobre imaxe de Pixabay.

Repasaremos Ciencias Sociais e da Natureza xogando. Que vos parece?
Ciencias Sociais.
-No blogue, Juegos Educativos Gratis Online de Antonio López, aparece unha compilación de xogos sobre a localidade.
-En Yo estudio.cl hai un xogo teresante sobre convivencia co entorno. Nunca está de máis botarlle on ollo,
Ciencias da Natureza.
-Na páxina Minijuegos Top aparece  este xogo para colocar os ósos do noso corpo.
-Na páxina de Vedoque tamén temos varias opcións interesantes.
Se clicades aquí  accederedes recursos do ano pasado sobre este tema.

lunes, 17 de octubre de 2016

DÍA DAS ESCRITORAS.

Imaxe atopada en  Teresa, de la rueca a la pluma.

Hoxe, 17 de outubro, celébrase por vez primeira o Día das Escritoras, iniciativa que parte da Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas,Profesionales y Empresarias(FEDEPE), da Biblioteca Nacional e da Asociación Clásicas y Modernas para la igualdad de género en la cultura. Esta idea nace coa intención de celebrarse anualmente para reivindicar a labor e o legado das escritoras, que tantas veces se viu relegado a un segundo plano.
O día da celebración é o primeiro luns seguinte á festividade de Teresa de Xesús (15 de outubro).
Para esta primeira edición seleccionáronse textos de trinta escritoras nacionais, onde aparecen tres galegas ilustres: Concepción Arenal, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán.
Para conmemorar este día deixovos unha poesía doutra escritora que se dedicou a  facer as delicias dos nenos /as e dos grandes tamén, Gloria Fuertes.
Imaxe atopada na rede.
E como temos unha amiga escritora, que menos que felicitarlle o día cunha das súas poesías.
Montaxe realizada con Pizap.

FELIZ DÍA A TODAS. TODOS OS DÍAS SON VOSOS!!!!

sábado, 15 de octubre de 2016

BENVIDO, PAPAGAIO.

Portada.

Extra, extra!!!
Acaba de nacer un novo xornal, chamado o "O Papagaio"!!!!
A noticia saltou polo mes de abril pero agora digamos que xa é "máis oficial".
Está especialmente dirixida a vós, aos nenos/as de primaria e secundaria, e préstalle particular atención á  tecnoloxía, ciencia, ecoloxía, cultura, arte, historia, integración e banda deseñada. Ten carácter mensual (con descanso de verán) e está escrito íntegramente en galego.
Para máis información premede no enlace de Praza Pública.
Aquí tendes o seu vídeo promocional.
Obtido no canal de Youtube de Abraham Carreiro Fernández.
Para ler o primeiro número premede na imaxe da portada.

miércoles, 12 de octubre de 2016

XOGOS DE LINGUA E MATES.(II)

Montaxe creada con PiZap sobre imaxe de Pixabay.
Imos coa segunda entrega de xogos para repasar a LC e as Matemáticas.
Lingua Castelá
- Na páxina de Olesur hai un xogo de ordenar sílabas.
-En recursostic.educacion.es temos un tetris moi simpático con varios niveis.

Matemáticas.
-Na páxina da Junta de Castilla y León hai un estupendo xogo de sumar que poñerá a proba as vosas habilidades. Quen se atreve?
- A Editorial SM ofrécenos un xogo para repasar os números ordinais.

sábado, 8 de octubre de 2016

CAIXÓN DESASTRE.

Montaxe realizada con PiZap.
Baixo este suxerente título imos inaugurar unha nova sección. 
Que nos deparará? "Sorpresas varias"
Como será? "Haberá que velo"
Cando aparecerá? "Cando menos o esperemos"

PERMANECEDE ATENTOS/AS!!!!

miércoles, 5 de octubre de 2016

FELIZ DÍA DO MESTRE.

Imaxe atopada na rede.

Hoxe,  5 de outubro, celébrase a nivel mundial o día de todos os docentes. Esta data pertende " celebrar a función esencial que os mestres desempeñan ao impartir educación en todos os niveis" (Centro de Información das Nacións Unidas).Considérase que unha educación de calidade ofrece esperanza e mellora das condicións de vida pero isto , ás veces, non se cumple. Debemos ser optimistas e poñer todo da nosa parte para conseguir os mellores resultados posibles.
Con esta idea  exercítome todos os días e comparto o pensamento de Joel Artigas.
Imaxe obtida en http://educaciolestic.blogspot.com
Ogallá se cumpla o desexo , sendo a pegada positiva.
Imaxe obtida en http://www.dddiseño.com
E seguindo a esta recoñecidísma pedagoga e educadora; sementemos, que nunca se perde!!!
Imaxe obtida na rede.

FELIZ DÍA, DOCENTES!!!

lunes, 3 de octubre de 2016

XOGOS DE LINGUA E MATES.

Montaxe realizada con PiZap sobre imaxe de Pixabay.

Para ir repasando o que traballamos na clase póñovos uns xogos de Lingua Castelá e Matemáticas.
Espero que vos sexan de utilidade e vos sirvan de diversión.
Lingua Castelá
-Con este xogo de genmagic.net teredes que averiguar que letra falta do abecedario.
- Na páxina Edu365.cat aparece este xogo das maiúsculas. Prestádelle atención e a ver como vos vai!!
Matemáticas
- Do blogue Primero de Carlos sacamos este xogo moi sinxeliño para repasar números ata o 99, unidades e decenas.
- Florentino Sánchez Martín  fálanos de comparación de números.

sábado, 1 de octubre de 2016

NON PESAN OS ANOS...PESA A VIDA.

Imaxe atopada na rede.

En España, o 26 de xullo, celebramos o día dos avoíños. Como coincide en plenas vacacións non lle facemos ningunha entrada pero iso non significa que non sexa unha conmemoración importante.A nivel mundial, festéxase o 1º de outubro, como o Día Internacional das Persoas de Idade dende o ano 1990 (cando o instaurou a Asemblea Xeral das Nacións Unidas). Esta data intenta recoñecer a contribución das persoas maiores ao desenvolvemento humano e económico e,neste ano 2016, preténdese concienciar  contra a discriminación destas persoas.
Quero que poñades moita atención a este contiño que vos deixo. Trata sobre un avó que se volveu maior. Pensade na sorte que tendes de poder disfrutar destas persoas tan entrañables; ninguén  conta historia mellores, ninguén permite da mesma maneira e ninguén aloumiña como os avós.

APROVEITÁDEOS, SON UN BEN ESCASO!!!

Obtido no canal de Youtube de Kidskioske.