sábado, 24 de junio de 2017

CHEGOU FINAIS DE XUÑO.

Se algo me caracteriza, para ben ou para mal, é ser unha persoa que cumpre coa súa palabra. Xa vos dixen no seu momento que, cando rematase cada curso(mentres existese este blogue) , publicaría unha entrada para que todos os meus alumnos/as puidésedes  comentar o que quixerades e mantivésemos  así o contacto.
Eu cumprín e aquí está o acordado; agora sodes vós os que tedes que ser consecuentes co que prometestes.
Xa sei que sodes "moi maiores" porque estades no instituto e todo o que representa o cole é infantil e pasades un pouco. Por outro lado, outros acabades de rematar 6º e xa tendes a cabeza noutro lado. Non esquezades nunca de onde vindes, nin quen pasou polas vosas vidas porque seguramente marque o voso fururo e vos dirixa cara onde queredes ir.
Espero os vosos comentarios pero sen demasiada impaciencia, non me quero decepcionar.
Fagades o que fagades os meu sentir por vós non cambia.
BO VERÁN, PERELLOS/AS!!!
Por certo, os alumnos/as de 2º están convidados a comentar tamén.

18 comentarios:

  1. bueno, pues creo que me voy a colar entre tus alumnos y alumnas, no me lo tengas a mal, pero es para desearte un buen descanso, si es que no contactamos en este verano, que una vez las clases acabadas... da más pereza ponerse a mirar recursos, verdad? yo, de todas formas, seguiré publicando (en mi línea, jajajaj).

    Mil besos supermaestra.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Cómo voy a tomármelo a mal , Blanca! ¡Me encanta que te cueles,jejeje!
      Yo también espero que descanses este veranito y disfrutes mucho(aunque sigas publicando, curranta)
      Un montón de besos, guapa.

      Eliminar
  2. Con tu permiso, Anabel, yo también me cuelo para desearte unas muy felices vacaciones. Un abrazo, guapa.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tienes todo el permiso, Isabel.
      Mis mejores deseos vacacionales para ti también.
      Un besote fuerte.

      Eliminar
  3. Hola profe, que tal che foi este ano por 2º?
    A nós por 1º bastante ben, foi un cambio..sí, levounos un pouquiño... pero soubemos adaptarnos. Estas últimas semanas tivémolas cheíñas de exames, así que agora toca relaxarse e desfrutar, espero que ti tamén o fagas.
    Este ano non estivemos moito en contacto pero como me vou a esquecer do contrato que asinamos e dos fantásticos 4 anos nos que estivemos todos xuntos, pois pasámolo moi ben e aprendimos ao mesmo tempo.
    Que pases un BO VERÁN PROFE ANABEL !!!

    Bicos, Diana.

    P.D : Dalle un saúdo a Fada Perella da miña parte.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Di:
      Xa sabes que me alegraches o día , non? Grazas polo teu comentario e por facerme saber de ti e as túas andainas polo instituto. En canto ao do contacto, o normal; agora tendes outras cousas ás que atender.
      Deséxoche un verán estupendo cheo de experiencias inolvidables!!
      Moitos biquiños.
      PD: A Fada Perella está tola de contenta e tamén te saúda.

      Eliminar
  4. Felices vacaciones para todos ahí!!!!
    Yo también me he colado,jajaja
    Moitos biquiños Anabel

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Muchas gracias, Marisa, igualmente para ti.
      Te puedes colar cuando quieras.
      Biquiños , guapa.

      Eliminar
  5. Hola profe!! Como vexo que por agora ninguén de 6º comentou direillo haber se me fan caso... Pero pasando deso quería desexarche un mooi bo verán e espero que nos vexamos o ano que ven. Un saúdo tamén para a Fada Perella.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Ana:
      Que ledicia terte por aquí! Gústame a campaña que estás a levar a cabo pero tampouco te preocupes se non che fan caso (cada un é responsable dos seus actos).
      Eu tamén che desexo un estupendo verán e que nos vexamos no novo curso.
      Saúdos agarimoso da Fada Perella.

      Eliminar
  6. Felices vacacions profe

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que alegría me das , Martín!
      Espero que pases unhas marabillosas vacacións.

      Eliminar
  7. Hola Profe Anabel xa sei que este foi o meu ultimo ano no cole pero ainda asi nunca olvidarei o que aprendin e me divertin na tua clase
    Bicos Ivan

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alégrome moito , Iván. Eu tamén o pasei xenial con vós e aprendín infinidade de cousas.
      Feliz verán!
      Biquiños.

      Eliminar
  8. Hola profe!!!
    Xa acabamos sexto!!!
    Estou moi feliz por rematar esta etapa da miña vida pero tamen sinto morriña por acabar estés nove anos no cole.
    Non obstante estaremos moi moi preto,e tenemos a suerte de podernos ver.
    Por suposto non olvidarei ese ano maxico que pasamos xuntos.
    Espero que no insti o pasemos tan ven coma no cole.
    Moooiiiitos biquiños e felices vacacións.
    Uxia

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, Uxi:
      É moi normal ter esa mistura de sentimentos á hora de enfrontarse o momento que vives. Fixéchelo moi ben!!!
      Estou segura que nos veremos para o curso e poderemos conversar.
      Unha morea de biquiños para ti tamén e feliz verán!

      Eliminar
  9. hola profe, canto tempo !!! Claro que non me olvido de ti e dos fantasticos 4 anos contigo....pois unha vez rematado o curso ahora toca descansar tanto os profes como os alumnos...espero que pases un fantastico verán.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Paula:
      Eu tamén me lembro de todo o vivido con vós. Agora toca repoñer forzas e voltar con moitas gañas.
      Que teñas unhas marabillosas vacacións!!

      Eliminar